Día Universal do Neno
O dereito á supervivencia, un dereito humanoCoincidindo co Día Universal do Neno, que cada 20 de novembro conmemora a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), UNICEF España quere recordar que a nutrición, a saúde, a supervivencia e o desenvolvemento son dereitos humanos recollidos neste tratado internacional, o máis ratificado da historia.
Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) perseguen a erradicación da pobreza extrema e a fame (ODM 1) e a redución da mortalidade infantil (ODM 4). Por primeira vez na historia existen recursos e coñecementos abondo para rematar coa fame e a pobreza, non obstante un terzo das mortes de nenosmenores de cinco anos están relacionadas coa desnutrición, o que supón a perda de 2,5 millóns de vidas infantís cada ano.O dereito á supervivencia é para UNICEF o primeiro dos dereitos, e como indicouKul C.Gautam, Director Executivo Adxunto deUNICEF, "a fame e a desnutrición non son consecuencias só da falta de alimentos, senón tamén da pobreza, a desigualdade e os erros na orde das prioridades".
o grave problema da desnutrición
A desnutrición crónica mantén atrapados no círculo da pobreza a case 200 millóns de nenos menores de cinco anos no mundo en desenvolvemento, o que supón un serio obstáculo para o seu progreso, o das súas comunidades e os seus países. Este tipo de desnutrición produce nos nenos atrasos físicos e mentais que duran toda a vida. Por outro lado, cando a desnutrición se volve aguda (aproximadamente un 13% da poboación infantil sófrea), necesita tratamento urxente. O risco de morte é 9 veces superior para un neno con desnutrición aguda grave que para un neno en condicións normais.
Corno de África: 320.000 nenos con desnutrición aguda grave
O pasado 20 de xullo declarouse fame en varias zonas do sur de Somalia, onde centos de nenos morreron por causas relacionadas coa desnutrición e centos de miles seguen en risco. A emerxencia no Corno de África converteuse nunha crise de supervivencia infantil de dimensións masivas. A falta de alimentos produce desnutrición e os nenos con desnutrición son extremadamente vulnerables a enfermidades mortais como a malaria, a diarrea ou a pneumonía. Segundo os últimos informes, 320.000 nenos menores de cinco anos están gravemente desnutridos en toda a rexión.No centro e o sur de Somalia, onde o acceso das axencias humanitarias é limitado, UNICEF e os seus aliados trataron máis de 140.000 nenos con desnutrición en máis de 1.000 centros de nutrición e chegou a 600.000 persoas con alimentación suplementaria.
a Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN)
A CDN é o primeiro instrumento internacional querecoñece aos nenos e nenas como axentes sociais e como titulares activos dos seus propios dereitos.O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990. Os seus 54 artigos recollen os dereitos económicos, sociais, culturais, civíse políticos de todos os nenos. A súa aplicación é obriga dos gobernos, pero tamén define as obrigas e responsabilidades doutros axentes como os pais, profesores, profesionais da saúde, investigadores e os propios nenos e nenas.UNICEF ten o mandato de Nacións Unidas de velar polocumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno e todo o seu traballo se basea na CDN. Este ano o Día Universal do Neno, 20 de novembro, coincide coa celebración de eleccións no noso país.UNICEF Españapresentou aos partidos políticos unha serie de propostas que teñen á infancia como eixe.