Doa 1 día: os 1.000 días críticos
Por Isabel Tamarit, Técnico en Seguimento de Obxectivos do Milenio de UNICEF España
A desnutrición infantil non é simplemente un problema global ou unha cuestión a debate, a desnutrición infantil ten cara e nome: a dos case 200 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos que sofren desnutrición crónica nos países en desenvolvemento e a do 13% de nenos e nenas menores de cinco anos que sofren desnutrición aguda e están en risco de morte.
Previr a desnutrición é posible e é efectivo. En UNICEF traballamos activamente para logralo con accións concretas que se desenvolven durante os "1.000 días críticos" nos que se produce o desenvolvemento básico do neno: o embarazo e os dous primeiros anos de idade do neno, xa que estes nenos ven comprometido o seu desenvolvemento físico e cognitivo se non se actúa antes de que cumpran dous anos.
Algunhas actuacións, como é a achega de vitaminas e minerais (esenciais para reducir o desenvolvemento de enfermidades crónicas e mesmo mortais), desenvólvense durante todo o período.
A lactación materna -temperá (na primeira hora do nacemento do bebé), exclusiva durante os seus primeiros seis meses de vida, ou complementaria a partir desa idade-, é tamén prioritaria dado queproporciona todos os nutrientes necesarios para os nenos, estimula o seu sistema inmunolóxico e lles protexe deenfermidades mortais.Pesar e medir o bebé cando nace e durante os seus primeiros anos para controlar o seu crecemento é un "sinal de alerta" significativo para poder detectar problemas nutricionais. Pero a desnutrición non é só resultado dainxestión insuficiente de alimentos (en cantidade e calidade), senón tamén da inadecuada atención e das enfermidades infecciosas.
Por iso, durante os 1.000 días, as actuacións amplían o seu campo de acción, e inclúen algunhas encamiñadas a promover cambios no ámbito socio cultural dos nenos, como por exemplo fomentar o hábito dunhaalimentación saudable, de medidas de hixiene (como é o lavado de mans con xabón) ou a educación (sobre todo a nais e mozos) sobre as causas e consecuencias da desnutrición. Outras actuacións diríxense a previr a diarrea, a transmisión doVIH/SIDA, a malaria (por exemplo a través da "simple" distribución de mosquiteiras tratadas con insecticidas) ou outras enfermidades infecciosas. Pero... e se o neno xa sofre desnutrición aguda? Tamén é posible tratala de xeito rápido e efectivo. A actuación céntrase na subministración de alimento terapéutico listos para usar, que teñen un elevado valor enerxético. A desnutrición ten solución, eUNICEF traballa para alcanzala
Únete á nosa campaña Doa 1 díae axúdanos a previr a desnutrición infantil!