Dous traballadores de UNICEF, na lista das 100 persoas máis influentes da revista 'Time'
A prestixiosa revista estadounidense Time incluíu os dous responsables da Unidade de Innovación de UNICEF, Christopher Fabian e Erica Kochi, na súa lista anual das 100 personalidades máis influentes a nivel mundial.
Christopher e Erica están a impulsar novas tecnoloxías e estratexias no seo de UNICEF que está a cambiar o discurso sobre o desenvolvemento.
"Esta elección é unrecoñecemento fantástico do noso traballo,
destinado a aproveitar a tecnoloxía, opensamento de deseño e ainnovación para fortalecer os programas deUNICEF sobre o terreo e
transformar a práctica internacional do desenvolvemento", valorouErica
Para UNICEF, "este recoñecemento
público mostra que podemos desenvolver e dar soporte a solucións
que son transformadoras -a escala- para os nenos e nenas máis
vulnerables do mundo", engadiu.
RESULTADOS REALES EN TEMPO REAL
EnMalawi, por exemplo, os traballadores sanitarios introducen nos seus teléfonos, en forma deSMS, os datos que recollen do terreo, e estas mensaxes de texto envíanse ao número RapidSMS local. A continuación, persoal capacitado mapeae rexistra os datos, e transmite o Goberno información en tempo real que se pode utilizar de forma inmediata.
"Polo tanto, se un distrito ten unha gran cantidade de traballadores comunitarios enviando SMS con preguntas sobre como preparar sales de rehidratación oral, podemos supoñer correctamente que algo vai mal e enviar un equipo para investigar. Isto non se pode facer cos datos en papel ou con algo que tarda un ano ou dous en chegar á túa oficina", explica Christopher. "De súpeto, podemos ter unha conversación de dúas vías coa xente á que prestamos axuda. Podemos saber en tempo real cousas como a quen non estamos a chegar?, quen non está a utilizar os servizos esenciais?, por que acontece isto? y que podemos facer ao respecto? O desafío hoxe non é o que pasou despois dos feitos, senón saber o que está a suceder agora e ser capaz de facer algo ao respecto agora", indicaErica.
IMPACTO SOBRE MILLóNS DE VIDAS
"Erica e Chris están a traballar con aliados en todo o mundo para poñer a proba as ideas, impulsar decisións e axudar a aumentar as innovacións. Grazas a este traballo, estamos a facer máis para chegar aos nenos máis difíciles de alcanzar cos programas que cambian e salvan vidas, destaca o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake.
UNICEF está a traballar cos sectores académicos e con aliados do sector privado. "Os problemas que afronta a nosa xeración non van ser resoltos por un só país que traballa en solitario, e non se van resolver cunha gran cantidade de tecnoloxía no norte. Resolveranse cando as persoas poden colaborar xuntas, e cando a xente vexa o importantes que son os sistemas que hai detrás deses problemas e a pouca importancia que ten a tecnoloxía en si mesma", valora Cristopher.