Edición especial de 'Atrapa un millón' pola desnutrición infantil
O programa de Antena 3 Atrapa un millón, presentado por Carlos Sobera, terá esta noite un valor moi especial xa que está dedicado a UNICEF e a campaña Doa un día, cuxo obxectivo é combater a desnutrición infantil.
Os cantantesRosana e Huecco serán, nesta ocasión, os encargados de "apostar" e conseguir un bo resultado para a infancia. Os fondos conseguidos irán destinados aos programas de supervivencia infantil e a loita contra a desnutrición.
Cada día doado contribúe
Case 200 millóns de nenos sofren desnutrición crónica no mundo en desenvolvemento. Nos dous primeiros anos de vida a desnutrición pode producir danos físicos e mentais irreversibles.
Non obstante,pódese previr con medidas sinxelas e de baixo custo aplicadas nos 1.000 primeiros días dun neno. Cada día doado nesta campaña contribúe a un deses mil días.
Miles de persoas e osEmbaixadores de UNICEF EspañaAna Duato, Pau Gasol e Imanol Ariasenvorcáronse nesta campaña que se puxo en marcha a finais de novembro, co obxectivo de concienciar á sociedade española sobre as terribles consecuencias da desnutrición infantil e conseguir fondos para programas de supervivencia infantil.
Amigos e colaboradores de UNICEF comoPocoyó, José Manuel Calderón, David Bisbal ou Fernando Romay, 50 medios de comunicación, máis de 80 empresas, mil salas de cine e máis de 20 entidades deportivas tamén se uniron a UNICEF nesta campaña que xa conseguiu máis de620.000 días doados.