EMI 2012: a supervivencia infantil nas cidades
O Estado Mundial da Infancia 2012 analiza a situación dos nenos nos ámbitos urbanos onde viven mil millóns de nenos, moitos deles en condicións de pobreza e exclusión.
Cando se avalía o benestar da infancia, xeralmente se comparan os indicadores das zonas rurais cos das zonas urbanas e, como é de esperar, ao comparar as cifras globais, os resultados das cidades son sempre mellores. Non obstante, cando se analizan os datos nas cidades de xeito pormenorizado obsérvanse grandes disparidades en supervivencia, nutrición ou educación entre os nenos que viven en comunidades de altos ingresos e os que viven en asentamentos improvisados e veciñanzas pobres que, con frecuencia, están excluídas dos servizos esenciais.
nos barrios pobres as taxas de mortalidade infantil son altas
En 2010 morreron case 8 millóns de nenos antes de cumprir os cinco anos, a causa da pneumonía, a diarrea e as complicacións durante o parto. Nos lugares onde a concentración da pobreza extrema se combina con servizos inadecuados, como acontece nos barrios pobres das cidades,as taxas de mortalidade infantil tenden a ser altas.Segundo datos de enquisas a fogares realizadas en Bangla Desh, en 2009, a mortalidade de nenos menores de cinco anos nos barrios pobres era un 79% máis alta que a taxa urbana global, e un 44% máis alta que a taxa rural. En Nairobi (Kenya) aproximadamente 2/3 dos habitantes viven amoreados en asentamentos urbanos, e a taxa de mortalidade infantil é alarmante: de cada 1.000 nenos que nacen, 151 morren antes de cumprir os cinco anos. En España, en 2010, a proporción foi 4 de cada 1.000. A pneumonía e as enfermidades diarreicas están entre as principais causas de morte. Os servizos deficientes de auga e saneamento nestes barrios, cociñar con combustibles perigosos en espazos mal ventilados ou vivir en condicións de amoreamento son algunhas das causas das mortes de nenos menores de cinco anos.
a falta dunha vivenda segura e de abastecemiento de auga
Moitos nenos e familias que viven en barrios marxinais nas cidades están lonxe de ver cumpridos os seus dereitos a "unha vivenda axeitada para todos". Carecer dunha vivenda decente e segura, así como de sistemas de abastecemento de auga e saneamento deteriora a saúde dos nenos e se cobra numerosas vidas todos os anos. Calcúlase que 1,2 millóns de nenos morren antes de cumprir os 5 anos a causa da diarrea.