A empresa española Krack lanza unha colección solidaria que aposta por Regalo Azul de UNICEF
A empresa española Krack colabora con UNICEF nesta iniciativa solidaria na que, a través do Regalo Azul de UNICEF, se doarán fondos para conseguir máis de 100.000 vacinas contra a enfermidade da polio.
A poliomielite é unhaenfermidade viral altamente contaxiosa que ataca ao sistema nervioso. As persoas máis vulnerables a esa enfermidade son os nenos e nenas menores de cinco anos. Non obstante, mediante unha inmunización oportuna é posible previr o contaxio. Calcúlase que 1 de cada 200 a 400 nenos e nenas infectados co virus sofre parálise ou morre. Un regalo azul é unha subministración real, como alimento terapéutico ou vacinas, que mellora a vida dos nenos máis vulnerables en diferentes partes do mundo. A blogger Alexandra Pereira, autora do blogLovely Pepa, afirma que para ela é moi importante que "unha organización humanitaria tan importante como UNICEFnos avale neste proxecto a través de Regalo Azulco que conseguiremos doar máis de 100.000 vacinas".Alexandra, de 24 anos de idade, é unha das persoas do mundo da moda máis influentes no noso país: o seu blog alcanza picos diarios de máis 60.000 visitas no seu blog. Os 8 modelos da colección desta moza blogger saíron á venda en 49 países o pasado 19 de xullo a través da web www.krackonline.com.