España é o cuarto país da UE con máis desigualdade infantil
A desigualdade infantil en España en función dos ingresos das familias sitúanos á cola dos países desenvolvidos.
Somos o sexto país con máis desigualdade infantil en materia económica da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), e o cuarto da Unión Europea (UE), tan só por diante de Romanía, Bulgaria e Grecia.
Así o demostra noso informe Equidade para os nenos. O caso de españa, que presentamos no Congreso dos Deputados para pedir aos políticos que inclúan a desigualdade infantil entre os temas prioritarios das recentemente creadas comisións de infancia no Congreso e o Senado.
Máis dun terzo dos nenos españois vive en risco de pobreza ou exclusión social pero, a pesar diso, España é o país da UE que menos porcentaxe do PIB dedica ás prestacións monetarias para familias e infancia: un 0,5%, menos dun terzo da media europea.
Tamén é un dos países con menos gasto en protección social aos nenos e as súas familias, co 1,4% do PIB, fronte ao 2,3% da media comunitaria, o 3,7% de Dinamarca, o 3% de Irlanda ou o 2,5% de Francia.
Por outra banda, aínda que os datos son mellores e sitúannos na media de países da OCDE en canto a desigualdade infantil en saúde e educación, en termos de satisfacción vital a desigualdade creceu nos últimos anos, afectando especialmente as nenas e o colectivo infantil de inmigrantes.
A DESIGUALDADe TEN ROSTRO DE NenO
As desigualdades sociais están a determinar o presente e o futuro dos nenos e nenas en España. Desde UNICEF queremos alertar de que unha parte esencial da nosa sociedade está a quedar á marxe das oportunidades que si gozan outros nenos no noso país.
"Non hai ningunha posibilidade de cumprir os dereitos dos nenos se non hai un esforzo decidido dos gobernos para reducir a brecha que separa a uns nenos doutros", afirmou Carmelo Angulo, presidente de UNICEF España.
"Facer fronte ás desigualdades sociais que afectan á infancia debe ser unha peza crave en todas as políticas relacionadas cos nenos e o seu benestar económico, social e emocional".
O noso informe reoge tamén as medidas positivas que se levaron a cabo, como a aprobación do II Plan Estratéxico de Infancia e Adolescencia 2013-2016, o Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social ou a posta en marcha do Fondo Extraordinario para a Pobreza Infantil e do Plan Integral de Apoio á Familia.
Con todo, dada a magnitude deste problema, os 48 millóns de euros cos que está dotado o Fondo contra a Pobreza Infantil resultan moi escasos, xa que o investimento en políticas de infancia das administracións públicas por neno diminuíu en máis de 6.300 millóns de euros entre 2010 e 2013.
#YOPIDOPACTO: POR UN PACTO DE ESTADO POLA INFANCIA
UNICEF reforza a urxencia de alcanzar un Pacto de Estado pola Infancia que teña en conta as seguintes propostas recollidas no informe:
- Prestación por fillo de 1.200 euros anuais, empezando polos fogares con menos ingresos.
- Bolsas escolares, apoio educativo e educación de 0 a 3 anos accesible para todos e gratuíta para os fogares con menos recursos.
- Garantir o acceso universal á saúde e os medicamentos.
- Tomar en serio o benestar infantil subxectivo: realizar un barómetro de infancia.
- Mellorar os indicadores e o seguimento público da desigualdade, en especial a da infancia.
Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?
Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual