Estado Mundial da Infancia 2012: cidades e nenos
Segundo o informe Estado Mundial da Infancia 2012: Os nenos nun mundo urbano , difundido hoxe por UNICEF, o proceso de urbanización está a deixar centos de millóns de nenos sen acceso a servizos esenciais nas cidades e os pobos.
É inevitable que apoboación siga aumentando nas zonas urbanas. En poucos anos, di o informe, a maioría dos nenos crecerá en cidades grandes ou pequenas, e non en zonas rurais. Os nenos que nacen nas cidades contribúen a que a poboación urbana aumente un 60%."Cando pensamos na pobreza, a imaxe que tradicionalmente vén á mente é a dun neno nunha aldea rural", indica o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Pero hoxe en día, un número crecente de nenos que viven en asentamentos e barrios marxinais están entre os máis desfavorecidos e vulnerables do mundo, privados dos servizos máis básicos e sen dereito a prosperar,". "A exclusión que sofren os nenos dos asentamentos precarios non só lles priva da oportunidade de desenvolver todo o seu potencial, senón que despoxa ás sociedades dos beneficios económicos que supón unha poboación sa e ben educada", engade Lake.
Desigualdades no acceso aos servizos básicos
En todo o mundo,as cidades permiten que moitos nenos gocen de vantaxes como o acceso a escolas, clínicas e áreas de xogo. Non obstante, nesas mesmas cidades prodúcense algunhas dasmaiores desigualdades en áreas como asaúde, a educación e o acceso a oportunidades para os nenos. O desenvolvemento das infraestruturas e dosservizos non vai ao mesmo ritmo que o crecemento urbano en moitas rexións, o que priva os nenos das súas necesidades básicas. As familias que viven en condicións de pobreza a miúdo pagan máis por servizos de inferior calidade. Aauga, por exemplo, pode custar 50 veces máis nos barrios pobres, onde os residentes teñen que comprar provedores privados; mentres que nos barrios máis ricos custa menos porque os fogares están conectados directamente á rede de subministración de auga. As privacións que afrontan os nenos nas zonas urbanas pobres con frecuencia quedan ocultas nas estatísticas, con medias que agrupan nas mesmas cifras xenerais a todos os habitantes dunha cidade, tanto ricos coma pobres. Cando se utilizan medias deste tipo para a planificación das políticas urbanas e a asignación de recursos, as necesidades dos máis pobres poden pasarse por alto.
Cidades máis apropiadas para os nenos
É crucial unenfoque de equidade no que se dea prioridade aos nenos máis desfavorecidos onde queira que vivan.
UNICEF insta os gobernos a poñer osnenos no centro dos procesos de planificación urbana e a ampliar e mellorar os servizos dispoñibles para todos. Para empezar, requírese información máis precisa e rigorosa para poder identificar as desigualdades existentes entre os nenos das zonas urbanas e rematar con esas disparidades. A escaseza destes datos demostra que estas cuestións non se tiveron debidamente en conta.
Se ben os gobernos, a todos os niveis, poden dedicar máis esforzos a este tema, as medidas baseadas na comunidade son definitivas para alcanzar o éxito .[]
O informe aposta por dar maior importancia ao traballo realizado a nivel comunitario para combater a pobreza urbana e dá exemplos de asociacións que realizaron traballos eficaces a favor das persoas máis pobres das zonas urbanas, incluídos os nenos e adolescentes. Estas asociacións contribúen a lograr resultados tanxibles, como mellorar as infraestruturas públicas nas cidades de Río deJaneiro e Sao Paulo, en Brasil; lograr maiores taxas de alfabetización enCotacachi, Ecuador; ou conseguir unha mellor preparación ante posibles desastres en Manila, Filipinas. En Nairobi, Kenya, os adolescentes fixeron un mapa da súa comunidade con información que facilita a xestión da planificación urbana.
En México, a iniciativaOportunidades facilitou a realización de transferencias de efectivo para que as familias máis pobres poidan enviar os seus fillos á escola e pagar por servizos sanitarios tanto en zonas urbanas como rurais, logrando converterse nun modelo para outros países.
No ámbito mundial,UNICEF e o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, ONU-Hábitat, levan traballando conxuntamente 15 anos na Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, construíndo alianzas que sitúen os nenos no centro da axenda en zonas urbanas, e que proporcionen servizos e creen áreas protexidas para que os nenos poidan ter unha infancia máis segura e saudable.
"A urbanización é unha realidade e debemos investir máis nas cidades, redobrando os esforzos para prestar servizos aos nenos máis necesitados", conclúeLake.