Eurocopa 2012: Sergio Ramos envía unha mensaxe aos pais ucraínos
Tan só uns días antes do comezo da Eurocopa 2012 en Polonia e Ucraína, o xogador do Real Madrid e da Selección Española Sergio Ramos colaborou con UNICEF Ucraína gravando unha mensaxe para os afeccionados ucraínos, aos que anima a pasar máis tempo cos seus fillos.
Son un heroe para millóns de fans. Pero só ti podes ser un heroe para o teu fillo. Pasa máis tempo con el. Xogade ao fútbol xuntos. Saúdos, Ucraína! ", é a mensaxe de Sergio. O propio xogador recordou a súa propia infancia, cando con 6 anos empezou a xogar ao fútbol no equipo El Camas e cada día algún membro da súa familia tiña que acompañalo en tren ao adestramento. "Nunca esquecerei o esforzo que fixo a miña familia para que eu chegase a ser alguén importante no fútbol. Sempre estarei agradecido aos meus pais, irmáns e a toda a miña familia polo seu apoio. Iso marcou a miña vida", explicou Ramos nunha entrevista para o programa RealRamos de Real Madrid TV.
No marco daEurocopa 2012, UNICEFUcraína ten querido recordar a importancia de proporcionar á infancia un ambiente familiar e protector, nun país que conta con 60.000 nenos vulnerables e no queun pai pasa co seu fillo unha media de catro minutos ao día. Por iso Yuki Mokuo, voceiro de UNICEF Ucraína, declarou que "UNICEF promove a paternidade responsable en Ucraína e axuda aos pais a comprender que o éxito do seu fillo na vida depende do tempo, o amor e o coidado que lle dean os seus pais".
Sergio Ramos e UNICEF
Sergio Ramos apoia dende 2007 varios proxectos deUNICEF, centrados especialmente nodeporte como unha ferramenta de desenvolvemento para a infancia. Entre outras accións realizadas, o xogador viaxou en 2010 a Senegal para coñecer os programas de supervivencia infantil de UNICEF. Alí estivo cos traballadores deUNICEF, visitou un centro de saúde, colexios, un centro de acollida e coñeceu nenos vulnerables, cos que xogou ao fútbol.