Evitar máis infeccións infantís por VIH/SIDA en África

Etiopía acolle esta semana a XVI Conferencia Internacional sobre VIH/SIDA e Enfermidades de Transmisión Sexual en África (ICASA, polas súas siglas en inglés), na que UNICEF fai un chamamento aos gobernos e doadores a manter o seu apoio aos programas de VIH/SIDA en todo o continente para impedir novas infeccións en nenos.

"O enormeinvestimento na loita contra oVIH/SIDA durante os últimos anos finalmente está a dar os seus froitos. Hoxe en día, en África subsahariana nacenmenos nenos con VIH/SIDA, menos nenos quedan orfos por esta enfermidade e os máis novos saben como protexerse a si mesmos e ás súas parellas. Salváronse millóns de vidas, e moitas familias e comunidades mantivéronse intactos", dixo Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para África Oriental e Meridional."É moi importante salvagardar estes logros e cumprir cos compromisos que fixemos para chegar a todos os nenos. " En canto á redución de fondos para o VIH/SIDA, Sy fixo un chamamento aos aliados de UNICEFe aos que toman as decisións para quemanteñan as súas contribucións e se garanta así que todos os nenos, especialmente os máis pobres e marxinados, teñen acceso ao tratamento e prevención do VIH/SIDA.

 

9 de cada 10 novas infeccións en nenos son en África

Segundo o  Informe de ONUSIDA de 2011 , o 90% de novas infeccións en nenos séguese producindo en África subsahariana. O número de novos casos en 2010 foi de 390.000 no continente africano, cunha redución dun 30%. Enquisas recentes en África Subsahariana revelan que só o 15% das mulleres de 15 a 24 anos, e o 10% dos homes do mesmo rango de idade, se fixo a proba do VIH."A prevención de novas infeccións, especialmente entre as mulleres novas, debe seguir sendo unha parte esencial da nosa resposta. Dous terzos dos mozos de entre 15 e 24 anos de idade que viven co virus son mulleres. Se non nos ocupamos da dimensión de xénero da crise do VIH/SIDA, poderemos alcanzar a nosa meta de reducir á metade o número de novas infeccións entre os mozos para o ano 2015. Temos que cumprir co noso compromiso de crear unha xeración libre de SIDA", agregou Sy.