Evitar máis mortes no Corno de África

Cen días despois da declaración de fame  nalgunhas rexións do sur de Somalia, UNICEF e os seus aliados están a realizar importantes esforzos para previr unha segunda onda de mortes, que podería ser máis devastadora que a primeira debido ás enfermidades xurdidas no medio do conflito.
 

"A choiva aliviará a situación nas zonas afectadas pola seca en Somalia e países veciños. Pero á vez aumenta o risco de brote de enfermidades e dificulta a distribución de axuda," asegurou Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para África Oriental e Meridional.

"O aumento dos enfrontamentos no sur de Somalia tamén está a dificultar que os nosos aliados poidan distribuír de maneira segura a axuda que salva as vidas dos nenos e as súas familias."

Como dixo Sy, estes factores poderían agravar a crise humanitaria que hai enSomalia e en toda a rexión. "UNICEF intensificará os seus esforzos para chegar aos nenos alí onde estean e minimizar o impacto da xa deteriorada situación. Facemos un chamamento aos nosos doantes a reforzar a súa incalculable axuda", engadiu.
 

Protexer aos nenos de enfermidades

En Mogadiscio, UNICEF e a OMS comezaron esta semana unha campaña de vacinación contra o sarampelo dirixida a 750.000 nenos de entre seis meses e 15 anos. Desde a declaración de fame  en xullo, máis dun millón de nenos foron vacinados contra o sarampelo en Somalia. 

"En todo o país, decenas de miles de nenos morreron nos últimos meses, e centos máis morren cada día. Calquera atraso ou interrupción na distribución da axuda é unha cuestión de vida ou morte," dixo Sikander Khan, Representante de UNICEF en Somalia.

Os nenos con desnutrición severa teñen 9 veces máis probabilidades de morrer de enfermidades infeccionas como o sarampelo, cólerae malaria que os nenos en bo estado de saúde.

Existen outros riscos como: ogran número de persoas desprazándose, concentrándose nos campamentos; o baixo nivel de inmunización; falta de infraestruturas de auga e saneamento adecuadas. O comezo da tempada de choivas xeralmente provoca picos no número de persoas que sofren enfermidades relacionadas coa auga como diarrea aguda e malaria. 

Os enfrontamentos e o aumento da seguridade na área fronteiriza levaron a un descenso significativo no número de refuxiados somalíes que cruzan a Kenya, baixando dos 3.400 das semanas anteriores a 100 persoas durante a semana do 17 ao 23 de outubro.

UNICEF continúa o seu traballo en Dadaab

A pesar da suspensión temporal de todas as actividades, menos as que resultan vitais, nos campamentos de refuxiados de Dadaab, despois do secuestro de dous traballadores humanitarios, UNICEF comprometeuse a continuar dando apoio aos nenos con desnutrición severa e aos enfermos á vez que segue proporcionando auga potable, acceso a educación e protección a través das súas organizacións aliadas

Logros conseguidos e novas necesidades

Desde a declaración de fame  o 20 de xullo, case 110.000 nenos severamente desnutridos foron tratados en centros apoiados por UNICEF na rexión.  Máis de

2,6 millóns de persoas recibiron acceso a auga potable emáis de 1,5 millóns recibiron suministros e información sobre prácticas de hixiene saudables. Dende xullo, distribuíronse por aire, terra ou por mar ao sur e centro de Somalia 8.700 toneladas métricas de subministracións que salvan vidas . A resposta da comunidade internacional dende a declaración de fame  foi tremenda," dixo As Sy. "Pero a magnitude da crise é tal que estamos lonxe de chegar a todos os nenos".

O chamamento de UNICEF para financiar as súas operacións no Corno de África en 2011 é de 425 millóns de dólares (299,97 millóns de euros). As necesidades para 2012 tamén roldarán os centos de millóns e as contribucións necesitaranse de maneira urxente para que os programas de alimentación poidan apoiar aos nenos e as súas familias sen interrupcións.

  Só para Somalia, UNICEF necesita 300 millóns de dólares en 2012 (211,74 millóns de euros) para garantir o actual nivel de apoio e aumentalo onde se necesite. "Necesitamos conseguir estes fondos canto antes para garantir a distribución de subministracións críticas para manter aos nenos vivos," dixo Khan.