A festa de Pau en Miouh
Post de Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España
Miouh é un lugar repetido no mapa do cinto do Sahel chadiano, salpicado de diminutas aldeas a 4 ou 5 horas do asfalto. Chegamos dende Mao por camiños de terra e area tinguidos por algunhas árbores e plantas que rescataron o verde grazas ás chuvias que abren a esperanza dunha boa colleita para o próximo ano. Se hai colleita, quizais 2013 poida non ser ano de crise nutricional en Chad.
Segundo nos imos achegando a Miouh, empezamos a ver no camiño persoas a pé, homes a cabalo, cabras e algunha vaca. No horizonte, o perfil do primeiro edificio que vemos, da mesma cor que a area. É a escola. Funciona porque UNICEF formou mestres da zona e distribúe materiais escolares aos nenos para que poidan ir a clase curso a curso. Uns pasos de area máis adiante, asoma un pequeno edificio cunha mancha azul UNICEF, é o centro nutricional ao que acoden 11.000 nais e nenos para recibir atención e asesoramento en hábitos que poden evitar a desnutrición e algunhas enfermidades. Na parede uns carteis con debuxos explican como previr a cólera, por exemplo.
A medida que nos achegamos, vemos un grupo de señores con turbante saudando con mans e sons do deserto, e a outro grupo máis grande de señoras e nenos co
mesmo saúdo. Pau Gasol sae do vehículo e recibe unha multitudinaria e sonora benvida destas mil persoas, aproximadamente, que se xuntaron en Miouh neste último domingo de agosto.A visita dePau é unha festa de xogos, cancións e bailes improvisados nesta aldea mínima no medio da 'axenda' na que o Embaixador deUNICEF vai coñecendo otraballo integral contra a desnutrición, que inclúe medidas de prevención, seguimento, promoción de hábitos de hixiene, subministración de suplementos alimentarios e tratamento se fai falta. Antes de irnos, paramos no pozo de auga, escudado por ramaxe con espiños para que os animais non o invadan.Pau proba a experiencia de bombear auga. Outra festa para a xente de Miouh, que ten unha capacidade 100% para gozar cada un dos segundos con potencialidade de ser gozados que a vida ofrece. Mesma capacidade que ten o Embaixador de UNICEF que festexa con eles: ponse na pel do outro para rir, cantar e saltar, e tamén para coñecer e sentir a súa situación e propoñer solucións.