Filipinas: o Nadal nos centros de evacuación
A cidade de Iligan foi unha das máis afectadas polas inundacións producidas tras o paso da tormenta tropical Washi no sur de Filipinas. A celebración do Nadal e das festas de fin de ano é algo que non está na mente dos habitantes da zona que lograron sobrevivir ao desastre.
“perdemos todo”
Anita Tingas, de 30 anos e nai de catro fillos, encóntrase no Centro de evacuación da cidade deIligan, e fala do horror vivido tras as inundacións. A súa casa foi arrastrada pola corrente e ela e os seus fillos, todos menores de 8 anos, conseguiron salvarse subindo ao tellado da casa dous pisos do seu veciño, dende onde puideron ser rescatados. Perdémolo todo, din, "todas as nosas pertenzas, electrodomésticos, roupas, os materiais e libros da escola dos nenos. Non temos ningún lugar ao que chamar casa. Non sabemos que facer"A maioría das poboacións afectadas quedaron sen subministración de auga. Moitos dos centros de evacuación carecen de auga, luz e instalacións sanitarias axeitadas, o cal expón os nenos ás enfermidades que se transmiten pola auga.
A pesar da angustia e a destrución, algúns dos nenos do Centro de evacuación de Santa Filomena en Iligan puideron xogar e facer amizades. Entre eles encóntrase Aileen de 15 anos, Eliza de 10 e Vicristian de 11 anos.Vicristian sobreviviu subindo a unha árbore de mango, onde permaneceu arredor dunhas sete horas antes de ser rescatada. Despois da tormenta,Aileen puido volver á súa casa, pero ao chegar descubriu que a maior parte dela desaparecera.Vicristian e Eliza teñen un desexo de Nadal común: volver vivir nunha casa nova. Aileen tamén o desexa, aínda que para ela foi un marabilloso regalo de Nadal estar viva e que os seus pais tamén o estean, despois de todo o sucedido.Con máis apoio e axuda, estes nenos e moitos outros nas mesmas circunstancias poderán empezar un novo ano con forza e esperanza.
a resposta de UNICEF
UNICEF enviou subministracións de emerxencia dende Manila e Cotabato ás zonas máis afectadas. As subministracións inclúen pastillas potabilizadoras de auga, latrinas, bidóns de auga, equipos de hixiene, kits escolares, lonas, e tendas de campaña e equipos de recreación para axudar á recuperación psicosocial dos nenos.Tamén está a traballar cos seus aliados para establecer zonas seguras de lactación materna nos centros de evacuación, proporcionar alimentación suplementaria efacer seguimento para detectar a desnutrición aguda entre os nenos. Ademais, estase a formar os mestres para que poidan brindar apoio psicosocial aos nenos, o que lles pode axudar a sobrepoñerse a estas tremendas experiencias.UNICEF centra a súa atención nos preto de 200.000 nenos afectados polas inundacións e os 20.000 que se encontran nos centros de evacuación. A organización realizou un chamamento para conseguir fondos por importe de 4,2 millóns de dólares co fin de axudar ás familias afectadas pola tormenta. Os fondos serán utilizados sobre todo en auga e saneamento, saúde e protección infantil.