Filipinas: os nenos celebran o novo ano escolar

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

A medida que o sol se levanta sobre o océano, o barrio de San Roque é un fervedoiro de actividade. Os nenos báñanse, almorzan e prepáranse para volver á escola, un gran día, só dous meses despois de que o tifón Haiyan arrasase o país.

"A nosa escola tiña 17 aulas", di Myra Salve, profesora en San Roque. "Só quedou unha tras o tifón e morreron 9 estudantes".


"Cando vin aescola destruída dous días despois dotifón, non perdín a esperanza", di Salve. "Eu sabía que alguén ía axudarnos. Erguerémonos de novo".


"A miña profesora morreu no tifón. Ela era unha segunda nai para min", di Michel Lerios, de 13 anos.

Tifón en Filipinas: empezando a recuperación

Para a maioría dos nenos de San Roque, a experiencia traumática do tifón carrexa diversas consecuencias: viven en casas improvisadas, tendas de campaña temporais ou centros de evacuación. O regreso á escola significa volver a unha rutina e comezar o proceso de recuperación. Para os pais, significa ter tempo para reconstruír as súas casase os seus medios de vida.

A campaña de Volta á Escola, para 500.000 nenos das zonas afectadas polo tifón, organizouse baixo o nomeeskwela balik ("volver á escola" na lingua Waray) e está dirixida polo Departamento de Educación e o Departamento de Benestar Social e Desenvolvemento, co apoio de UNICEF, das ONG internacionais e nacionais e outros socios locais.

O 2 de decembro tivo lugar unha "apertura suave" das escolas, para aquelas que estaban listas para comezar clases "informais". Dende decembro,UNICEF proporcionou materiais didácticos e recreativos para 500.000 nenos, ofrecendo3.000 espazos temporais de aprendizaxe, e instalacións de auga e saneamentopara 1.000 escolas.

"Estou feliz de volver á escola. A educación é importanteporque nos ensina a ler, escribir e respectar aos demais ", diRhonalyn Grabillo, de 13 anos.

Michel tamén aprecia o valor da educación para o seu futuro. "Ir á escola é importante porque fas amigos e te axuda a encontrar un traballo", asegura.

A escola primariaSan Roque está composta por dúas carpas e seis aulas improvisadas. Antes do tifón, a escola contaba con 750 alumnos e 16 profesores. Á chamada oficial de Volta á Escola, presentáronse pouco máis da metade dos alumnos. Moitos deles fóranse a outros lugares, como Manila e Cebú.
 
 

Protexer a os nenos a través da educación

Os beneficios da educación nas sociedades afectadas por unha situación destas dimensións son incalculables.

Durante as emerxencias, os nenos nas escola poden ser atendidos nun ámbito de protección. Restablecendo unha rutina diaria e axudando a restaurar un sentido da normalidade, as escolas como a deSan Roque convértense enespazos terapéuticos no medio da destrución. Axudan ás familias a volver á súa independencia, brindando aos pais o espazo para organizar as súas vidas.

Para Marites Larios, a nai de Michel, este é un feito importante. "Non importa o forte que fose a traxedia que pasamos, os nosos fillos teñen que estar de volta na escola", di ela. "A educación é a única herdanza que lles podemos dar. Quero que Michel e os meus outros fillos estuden. Non quero que pasen situacións tan duras como as que vivín eu".

Aeducación é unha ferramenta poderosa para o cambio. Para Rhonalyn, Michel e os outros estudantes, é tamén o comezo dun futuro de esperanza e oportunidades.