Filipinas: protexer os menores non acompañados tras as inundacións
Roy, de 10 anos, é un dos afectados polas inundacións en Filipinas. O 17 de decembro, as inundacións provocadas pola tormenta tropical Washi arrasaron a súa aldea, Barinaut, en Iligan.
Espertou a media noite porque toda a súa casa estabainundada. Chamou os seus tres irmáns, pero non recibiu resposta. "Me tiven que agarrar a algo para que as augas non me arrastrasen", afirma. Non obstante, Roy rematou flotando polas rúas do pobo ata que o rescataron ao día seguinte. "Non sei se quedei durmido ou me desmaiei. O único que recordo é espertarme a salvo. Estaba nunha barcaza con outros superviventes", explica. Cando chegou ao centro de evacuación de Santa Filomena tiña moita febre. Os voluntarios buscaron os seus familiares, veciños ou coñecidos para que o puidesen identificar, pero ninguén o recoñeceu. "Mudarámonos a Barinaut había tres meses", dixo Roy. "Aínda non coñecemos a maior parte dos veciños, e non temos moitos amigos no pobo".
Protexer a os nenos non acompañados
O goberno estima que a tormenta afectou a máis de 1,1 millóns de persoas. Hoxe 30.000 persoas continúan en centros de evacuación, mentres que outros 400.000 viven en refuxios ou con familiares. En Iligan eCagayán de Oroidentificáronse 51 nenos non acompañados. Estes nenos non só estanse enfrontando ao estrés do que pasou, senón á perda- temporal ou permanente- dos seus familiares. E sen o apoio dos seus familiares, son máis vulnerables ao abuso e a explotación, como o tráfico de nenos, a explotación laboral e a explotación sexual. "UNICEF traballa cos seus aliados, traballadores sociais e o Departamento de Benestar Social e Desenvolvemento para localizar os pais, irmáns ou familiares para reunificar os nenos", dixo Sarah Norton-Staal, Responsable de Protección da Infancia deUNICEF en Manila. "UNICEF céntrase en reunificar os nenos cos seus familiares co obxectivo de protexer e preservar a unidade familiar, e dar aos nenos un sentido de normalidade".UNICEF tamén traballa con aliados para poder facer fronte ás necesidades inmediatas dos nenos. Os familiares tamén poden requirir axuda e ofréceselles asesoramento e asistencia doutra índole, co obxectivo, que os nenos regresan a un ámbito familiar atento.
a esperanza dun final feliz
De acordo co especialista de Protección da Infancia, Jesús Far, informes recentes indican que localizaron o pai deRoy. UNICEF, xunto aos seus aliados, está a verificar eses informes para axudar a levar a Roy coa súa familia.