Filipinas: UNICEF reparte o seu primeiro envío de auga e subministracións médicas

UNICEF reparte este martes o seu primeiro envío de auga e subministracións médicas entre unhas 15.000 familias das afectadas polas desvastadoras consecuencias da tormenta tropical Washi.

Ata o momento, calcúlase que 200.000 nenos se viron afectadospolas inundacións no sur de Filipinas. Os maiores danos rexistráronse na illa de Mindanao, onde o 16 de decembro se rexistrou en só unha hora a cantidade de auga equivalente a un mes enteiro de chuvias, que esa mesma noite acabou coa vida de 957 persoas. As necesidades máis urxentes sitúanse agora nas cidades deIligan e Cagayan de Oro, cuxos sistemas de subministración de auga potable quedaron totalmente arrasados.

 
chamamento de 4,2 millóns de dólares
UNICEF empezou xa a distribuír na zona unidades de auga móbiles para o consumo e kits de hixiene persoal, que conteñen, entre outros artigos, xabón e cepillos de dentes. Ademais, os equipos de traballo na rexión instalaron latrinas provisionais. É o principio dunha resposta que require cubrir moitas outras necesidades da poboación filipina afectada. Segundo as primeiras estimacións de UNICEF, os seguintes envíos deberían de incluír mantas, colchóns ou colchóns para durmir, recursos humanos para ofrecer unha axuda psicolóxica aos damnificados e material para a montaxe de refuxios provisionais.UNICEF fixo un chamamento para a recadación dos 4,2 millóns de dólares (3,2 millóns de euros) que estima serán necesarios para atender aos 200.000 nenos afectados por estas inundacións.