FITUR 2014: coñece o traballo de UNICEF contra a explotación sexual comercial infantil

A XXXIV edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) conta esta semana cun posto dedicado ao traballo de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable.

 

Nun espazo cedido por IFEMA, os profesionais turísticos e o público en xeral poden coñecer os detalles do labor da organización no sector das viaxes para protexer as nenas, nenos e adolescentes fronte á explotación sexual comercial infantil.No posto de UNICEF, situado nopavillón n.º 8, danse a coñecer ademais as principais alianzas de UNICEF coas empresas daindustria do turismo e as viaxes. Grazas á súa colaboración, millóns de clientes cada ano poden participar conUNICEF no financiamento deprogramas de protección da infancia en todo o mundo.

HOTEiS AMIGOS

Un exemplo diso é Hoteis Amigos, unha iniciativa deUNICEF Comité Español que permite aos establecementos hoteleiros colaborar na construción dunfuturo mellor para aquelas nenas e nenos vulnerables ante unha posible situación deexplotación sexual. Os hoteis invitan os seus clientes a participar en diferentesactividades solidarias e simbólicas co obxecto de construír entre todos un turismo máis responsablee financiar programas que protexen estes nenos.UNICEF promove tamén a firma e implementación do Código ECPAT, un código de conduta autorregulatorio para as empresas do sector turístico, que se comprometen a incorporar na súa política de responsabilidade social corporativa a loita contra a explotación sexual comercial infantil e a protexer a infancia. Neste marco, deben formar a todos os seus empregados para evitar este tipo de crimes nas súas instalacións e/ou servizos, informar os seus clientes sobre a necesidade de protexer a infancia e incluír unha cláusula de rescisión de contratos de provedores se incumpren esta protección. En definitiva, estas empresas convértense enactores sociais nos países en desenvolvemento que promoven xunto con UNICEF, os gobernos, as asociacións turísticas e todos os axentes do sector, un futuro mellor para as nenas, nenos e adolescentes, lonxe da explotación sexual. Estímase que en torno a 1,8 millóns de nenos son explotados na industria do sexo comercial.