Grande éxito da campaña de Ikea a favor da educación dos nenos
A través da súa campaña solidaria 'Peluches para a Educación', as tendas de Ikea en España conseguiron 530.000 € para proxectos de educación infantil de UNICEF e Save the Children.
En UNICEF, os fondos conseguidos destinaranse á iniciativa Escolas para África, posta en marcha xunto á Fundación Nelson Mandela, cuxo obxectivo é brindar unhaoportunidade a miles de nenos que non poden acceder a unha educación de calidade e soñar cun futuro mellor. Actualmente, máis de 67 millóns de nenos non poden ir á escola e as taxas máis baixas de escolarización corresponden a África subsahariana, onde só o 65% dos nenos e nenas en idade escolar ten acceso a educación. A iniciativa apoiada por Ikea,Escolas para África, desenvólvese en sete países e pretende conseguir que oito millóns de nenos poidan ir á escola e ter acceso a unha educación de calidade.
‘Peluches para a Educación’ en España e o mundo
Esta axuda é posible cada ano grazas ao compromiso e a solidariedade dos clientes e empregados de IKEA, que participaron na iniciativa 'Peluches para a educación', a través da cal IKEA destinou un euro por cada peluche, menú infantil ou libro infantil vendido entre o 1 de novembro de 2011 e o 5 de xaneiro de 2012. En total, dende que se puxo en marcha esta iniciativa no ano 2003,as tendas IKEA en España doaron máis de 3,3 millóns de euros a proxectos dirixidos a mellorar a vida de nenos vulnerables. Globalmente, esta campaña xerou máis de 47 millóns de euros, o que apoiou oito millóns de nenos en preto de 40 países.