Grupo Godó, con UNICEF na campaña Cumpledías
O Grupo Godó, mediante dous dos seus medios Rac1 e 8TV, uniuse a UNICEF e á campaña a favor da supervivencia infantil Cumpledías. A campaña, capitaneada por tres dos seus xornalistas principais: Jordi Basté, Josep Cuní e Alfons Arús iniciouse o pasado 3 de decembro cunha entrevista á Directora Executiva de UNICEF España a Paloma Escudero, e rematará a finais deste mes.
GrupoGodó convértese, desta forma, nun magnífico altofalante para sensibilizar á sociedade catalá da situación de desnutrición que viven millóns de nenos no mundo. Ademais, varios dos xornalistas do grupo comprometéronse coa campaña, personalizado os anuncios radiofónicos e televisivos de Cumpledías, animando a cidadanía a enviar unSMS ao28028 coa palabra DIA.A desnutrición crónica afecta a uns 180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo. Se a desnutrición se produce nas primeiras etapas pode provocar un atraso no crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é irreversible. Pola súa banda, a desnutrición aguda grave afecta a 20 millóns de nenos en todo o mundo, o que os coloca en risco de morte se non reciben un tratamento inmediato. O tratamento completo dun neno con desnutrición dura entre 4 e 6 semanas e consiste en subministrarlle leite ou alimento terapéutico unhas tres veces ao día para que o organismo se vaia recuperando. Con cada SMS recibido, UNICEF pode tratar un neno que padece desnutrición aguda durante un día.
Programación dedicada a Cumpledías
Personaxes públicos como a actriz catalá Clara Segura e o xornalista e humoristaBerto Romero tamén se sumaron aoCumpledías de Grupo Godó e participarán en varias entrevistas e reportaxes do grupo. Os programas radiofónicos El Món a Rac1, a Nit a Rac1,Via lliure e os programas televisivosArucitys, 8 ao día eEquip de reporters realizarán día tras día unha programación especial durante estas semanas para sumarse á campaña de UNICEF.
Porque cada día conta!
Máis información na web de Cumpledías.