'Haití, en construción,'

O próximo domingo La 2 de RTVE emite ás 23.00 horas a reportaxe Haití, en construción, con Ana Duato. A actriz e Embaixadora de UNICEF España conta, despois de dúas viaxes nas que conviviu coa realidade dos haitianos, os efectos do terremoto e a evolución do traballo de recuperación e reconstrución.  

Producido por Ganga Producións para UNICEF España e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a reportaxe será emitida en La 2 de RTVE, a web de RTVE e a canle internacional de TVE ás 23.00 horas do domingo, 20 de novembro, Día Universal do Neno.A reportaxe, dirixida por Antonio Cano, é o resultado de dúas viaxes a Haití,en abril de 2010 o primeiro deles, coincidindo coa reapertura das escolas; e en abril de 2011 o segundo, cando pasaran quince meses dende o terremoto.

Unha historia dende o corazón dos haitianos

Na presentación deste proxecto, Ana Duato sinalou que"intentamos contar unha historia dende dentro, dende o corazón dos haitianos e dos profesionais que traballan con eles para reconstruír o seu país". A Embaixadora de UNICEF España quixo mostrar o seu agradecemento a "todas as persoas que traballan día a día en Haití para a reconstrución e o desenvolvemento do país e aos haitianos, que me abriron as portas das súas casas e das súas tendas nos campos de desprazados. " A actriz conviviu en Haití con familias e nenos en campos de desprazados, en escolas, hospitais, centros residenciais e na rúa. Do seu contacto coas persoas e coa realidade do país nace esta reportaxe, que pretende que non se nos esqueza Haití, que descubramos a capacidade e fortaleza dos haitianos para a súa recuperación e que coñezamos para que serve a axuda que chega a Haití. Na presentación tamén participaron o Embaixador en Misión Especial para a Reconstrución de Haití, Arturo Reig, a Embaixadora de Haití en España, Yolette Azor-Charles e a Presidenta deUNICEF España, Consuelo Crespo. Todos coincidiron en sinalar a importancia de manter o apoio aos haitianos para a reconstrución do seu país.

a reportaxe  emitirase na 2 de TVE, RTVE.es e a Canle Internacional de TVE

O domingo 20 de novembro, data en que se conmemora o 22 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, La 2 emite ás 23.00 o documental.

O documental tamén se emitirá de forma simultánea na web de RTVE e na Canle Internacional no seguinte horario:
 

  • Sinal de Europa/África: tras o Especial Eleccións. Estará entre as 00:00 ou as 00:15 aproximadamente .
  • América 1: TrasCuéntame, ás 3:50 (hora de España; 22:50 aproximadamente no horario de referencia).
  • América 2: TrasCuéntame, ás 5:50 (hora de España; 22:50 aproximadamente no horario de referencia)
  • Asia: Ás 16:50 (hora de España, ás 00:50 aproximadamente no horario de referencia), por detrás de Buscamundos. Tamén se repetirá o luns a idea é repetilo o luns 11:15 (19:15).