H&M únese a UNICEF polos nenos máis vulnerables de Bangla Desh
A cadea de tendas de roupa H&M lanzou unha colección especial de moda infantil chamada All for Children, como parte da súa alianza con UNICEF na iniciativa global do mesmo nome. O obxectivo desta iniciativa é conseguir fondos para os programas de UNICEF en educación e protección en India e Bangla Desh.
A iniciativa All for Children púxose en marcha en 2009. Na actualidade, beneficia a máis de dous millóns de nenos e adultos ao seu cargo a través de dous proxectos en India e Bangla Desh.
H&M financia ambos os dous proxectos con preto de 12,5 millóns de dólares (9,5 millóns de euros), procedentes do25% do prezo de venda da colección anualAll forChildren e de doazóns adicionais.Este ano, H&M doará un 25% da venda da colección ao labor de UNICEF en Bangla Desh, concretamente a fomentar aeducación e mellorar a saúde dos nenos dos barrios máis marxinais da capital, Dhaka.Prestarase especial atención a uns 40.000 nenosque se inscribirán en grupos de aprendizaxe a través de diversas actividades lúdicas, en iniciativas educativas e que recibirán apoio para acceder á educación superior.