I Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia
Inaugurouse en Sevilla o I Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia baixo o título Novos retos e oportunidades dos municipios con e para a infancia: Cidadanía, coordinación e cooperación.
A Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, destacou a satisfacción que para UNICEF e as institucións que colaboran no Programa de Cidades Amigas da Infancia supón "presentar este primeiro Congreso despois de dez anos impulsando a iniciativa e con máis de cincuenta cidades recoñecidas en España".
O Programa Cidades Amigas da Infancia é unha iniciativa de UNICEF que xorde hai 15 anos cuxo principal obxectivo é impulsar e promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) no ámbito das Entidades Locais españolas.
O encontro pretende subliñar orecoñecemento do neno como persoa, comosuxeito de pleno dereito, e promover a súa participación igualitaria nos procesos democráticos; facilitando a coordinación entre as administracións ou concellarías e mellorando a súa cooperación
A Presidenta de UNICEF España destacou a importancia das políticas integrais a favor da infancia xa que "son políticas a favor do conxunto da sociedade, dignifícana e demostran o seu grao de desenvolvemento cualitativo, máis aló da súa aparente riqueza económica.Son políticas que promoven a educación para a convivencia pacífica e a vida en democracia, estimulan a participación nos asuntos públicos e propician o consenso político e social".
Pola súa banda, a Conselleira para a Igualdade e o Benestar Social da Xunta de Andalucía, Micaela Navarro, lembrou o compromiso de Andalucía pola defensa dos dereitos da infancia coa firma o ano pasado do I Pacto Andaluz pola Infancia, unha proposta de UNICEF España e o Defensor do Menor, que foi ratificada por todos os partidos políticos.
Consuelo Crespo, Presidenta de
UNICEF España, foi a encargada de inaugurar o evento, acompañada
pola Conselleira para a Igualdade e o Benestar Social da Xunta de
Andalucía, Micaela Navarro; o Presidente da Deputación de
Sevilla, Fernando Rodríguez Villalobos; o Alcalde de Sevilla, Juan
Ignacio Zoido; e Esperanza Ochaita, Directora de IUNDÍA (Instituto
Universitario de Necesidades da Infancia e a Adolescencia).
O Congreso, que concluirá o día 28 de
outubro, conta coa presenza de 23 relatores, 50 concellos e 250
participantes de 5 nacionalidades.