Iemen: o conflito non pode roubar a educación a millóns de nenos
O continuo conflito en Iemen ten un impacto desvastador no sistema educativo do país e nas oportunidades de acceso á educación de millóns de nenos.
Os intensos bombardeos e o combate nas
rúas durante meses forzaron o peche de máis de
3.600 escolas e o desprazamento dosalumnos e as súas familias a zonas máis seguras do
país. Polo menos 248 escolas sufrirondanos directos; outras 270 acollen
desprazados internos e 68 estánocupadas por grupos armados.
iEMEN: CLASES DE RECUPERACIÓN PARA MÁiS DE 200.000 ALUMNOS
Para asegurar que os nenos non perden
completamente o curso escolar, dende UNICEF favorecemos
o acceso a clases de recuperación a máis de200.000 alumnos. Estas clases son para os nenos
que teñen que facer exames nacionais a mediados de agosto para
obter o título de educación básica ou secundaria.
Pero o total de nenos cuxaeducación se viu interrompidadurante dous meses ou máis é de 1,8
millóns.
"Estamos a facer todo o que podemos para que os nenos volvan á escola e que non teñan que abandonar definitivamente a súa educación. Instamos as partes do conflito a que respecten a seguridade das escolas para dar á infancia a oportunidade de aprender", explica Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen.

iEMEN: MÁiS DE 3.600 ESCUoAS PEchADAS
O Ministerio de Educación está a mobilizar osprofesores necesarios, algúns dos calesfuxiron da violencia. Nos casos en que asescolas estean danadas ou utilizadas polosdesprazados ou os grupos armados,
proporcionaranse espazos temporais para a
aprendizaxe como tendas de campaña.
Dende o comezo do conflito, dende UNICEF traballamos cos nosos aliados para facilitar a integración dos alumnos cuxas familias forondesprazadas para que poidan examinarse en calquera escola nas que poidan facelo de forma segura.
Dende UNICEF tamén proporcionamos recursos para o ensino e a aprendizaxe, como cadernos, lapis e mochilas, debido a que os ingresos de moitas familias se viron severamente afectados, ao mesmo tempo que se pechaban e destruíanmercados, dificultando a obtención dos materiais que necesitan.
O comezo do próximo ano escolar está previsto para o 5 de setembro, pero dependerá en boa medida da situación de seguridade. Os alumnos dos colexios con capacidade para continuar o ensino recibirán clases de reforzo para cubrir os máis de dous meses perdidos como consecuencia do conflito.

YEMEN: “vin NenOS ESCRIBINDO No chan PORQUE TiñAN MoitAS GANAS DE APRENDER”
"Vin nenos
intentando escribir no chan porque te moitas ganas de aprender",
explica Jameelah
Sailan,
directora do colexio de nenas Arwa na
gobernación de Sa'ada.
"Moitos pais dinnos o preocupados que están de que os seus fillos
estean a perder clases. Esperan que a guerra remate para que as
súas vidas volvan á normalidade e os seus fillos poidan continuar
indo ao colexio e teñan un futuro brillante",
engade Sailan.
Antes do conflito, a taxa de escolarización neta de Iemen era dun 79%, mentres que2 millóns de nenos en idade escolar quedaronfóra da escola debido á pobreza, a baixa calidade do ensino e oconflito.
Dende UNICEF pedimos 11 millóns de dólares (algo máis de 10 millóns de euros) para apoiar a rehabilitación dos colexios danados, proporcionar recursos para o ensino e a aprendizaxe, a formación de profesores e traballadores da comunidade para darapoio psicolóxico e levar a cabo unha campaña devolta á escola.
Se podes, axuda aos nenos de Iemen