Ikea e UNICEF: peluches para a educación

Por oitavo ano consecutivo, UNICEF, Save The Children e a Fundación IKEA uníronse na campaña Peluches para a Educación. Por cada peluche ou libro adquirido ata o próximo 5 de xaneiro nas tendas IKEA, a empresa sueca doa 1 euro para proxectos de educación infantil de UNICEF e Save the Children.

Aeducación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. Hai 61 millóns de nenos e nenas en idade de asistir á escola primaria que estándesescolarizados.Neste sentido, a acción de UNICEF céntrase na escolarización da infancia máis vulnerable: nenos orfos, desprazados por desastres naturais ou conflitos armados, nenos de áreas rurais ou remotas, así como os afectados pola pobreza extrema. As tendas IKEA ofrecen unha gama de máis de 70 peluches para todas as idades, con prezos que oscilan entre os 0,60 euros e os 18,99 euros. Enmarcado nesta campaña e tamén ata o 5 de xaneiro, en todas as tendas IKEA en España se celebrarán actividades dirixidas aosnenos para que aprendan xogando a ser solidarios e axudar aos que máis o necesitan.

 

Proxectos en 45 países

Dende 2003, a Fundación IKEA, a través da campañaPeluches para a educación, doou xa 47,5 millóns de euros que financiaron máis de 94 proxectos de UNICEF e Savethe Children para mellorar a calidade de vida e de educación de máis de 8 millóns de nenos en 45 paísesde Europa Central e do Leste, Asia e África.