India: F. Alonso visita un hospital con UNICEF
"Todos os nenos teñen dereito a correr, xogar e vivir unha vida sa sen poliomielitis", afirmou Fernando Alonso, bicampión do mundo de Fórmula 1, piloto de Ferrari e Embaixador de UNICEF España, durante unha visita ao hospital infantil Chacha Nehru Bal Chikitsalaya, no leste de Delhi, India.
"A polio é unha enfermidade terrible, de consecuencias catastróficas para os nenos, podemos e debemos erradicala do planeta", dixo o Embaixador de UNICEF España.
Fernando entregou agasallos aos nenos en varias salas do hospital, incluíndo a sala de fisioterapia do Centro de Desenvolvemento Infantil evacinou a cinco deles coa vacina oral contra a polio. "Estou orgulloso de estar aquí vacinando a nenos contra a poliomielitis", dixo. "É fundamental que todos os nenos de India continúen sendo vacinados, ata que esta enfermidade fose erradicada en todo o mundo. Todos esperamos que ocorra pronto".
Destacando os esforzos de India na carreira contra a poliomielitis, cun só caso rexistrado este ano -fai xa máis de nove meses- Alonso dixo: "Desexo todo o éxito a India na súa loita contra a polio".
a loita de India contra a polio
Este ano India rexistra notables progresos contra a polio. Por primeira vez na historia, non se deu ningún caso durante case nove meses consecutivos.O derradeiro
caso foi enHowrah, o pasado 13 de xaneiro. Os estados indios con maior incidencia de polio son Uttar Pradesh-que alberga o Circuíto Internacional de Buddha Race - eBihar, que non informaron de ningún caso desde fai máis dun ano.O ano pasado India rexistrou 42 casos de polio, unha importante mellora fronte aos 741 casos de 2009.
Este avance sen precedentes conseguiuse grazas aos esforzos
concertados, intensos e concentrados nos últimos anos dos gobernos
da Unión e o Estado e dos aliados para a erradicación da
poliomielitis: UNICEF, a OMS e Rotary International.