Iraq: escolas para os nenos refuxiados sirios
Por Salam Abdulmunem, Oficial de Comunicación de UNICEF IraqO primeiro que che chama a atención cando entras no campamento de refuxiados de Domiz, en Iraq, é o número de nenos que hai: correndo, xogando ou simplemente sentados nas súas tendas. Cando llo menciono ao administrador do campamento, cóntame que case todas as familias de refuxiados sirios que se rexistraron aquí son novas; ningún dos membros ten máis de 50 anos.
Ocampamento que se creou na provincia deDohuk, nonorte de Iraq, conta actualmente cunhas500 familias sirias, pero pode aloxar outras 500 se fose necesario. Unhas 2.000 persoas viven no sector do campamento asignado ás familias e, segundo o administrador, o40% dos inscritos son menores de 14 anos.
POñERSE Ao DÍA NA ESCoLA DE VERáN
Mentres que os máis
pequenos xogan nos tobogáns e bambáns proporcionados pola
administración do campamento, os adolescentes e as nenas non
realizan ningunha actividade concreta.
Hassan,un mozo de 14 anos de idade, encóntrase na entrada
da tenda de campaña da súa familia coa súa irmá menor e o seu
irmán, de 11 e 9 anos respectivamente, vendo os nenos máis novos
xogar ao fútbol. Levan no campamento dende hai case un
mes. Hassan dime que non ten
que facer moito a maior parte do día. Cando lle pregunto pola
escola, a irmá de Hassan, Eveen, di que lle gustaría volver
pronto.
Recentemente, oDepartamento local de Educación, con apoio deUNICEF eACNUR, iniciou unha
escola de verán para axudar aos nenos a recuperar o tempo perdido.
Preto de 150 nenos e nenas matriculáronse nesta
escola. Pero o novo curso académico achégase rapidamente, e preveseescaseza de espazo para case 500
nenos que xa se rexistraron para unirse á escola.
Máis tarde, cando visito o próximo Espazo Amigo da
Infancia apoiado por UNICEF,
encóntrome con Perween Abdulaziz, unha
traballadora social da ONG Axencia para a Cooperación Técnica e o
Desenvolvemento (ACTED) que se encarga
do centro. Cóntame que, mentres que algúns dos nenos viron
violencia, a maioría dos temores dos pequenos provén de
escoitar os seus pais falar dun futuro incerto. A
estrutura e as actividades que se lles ofrecen a través da escola e
o Espazo Amigo da Infancia son esenciais para que as súas
vidas recuperen certo sentido de
estabilidade.
ESCASEZa DE AULAS
Tamén me encontro
con Adnan, un neno de
13 anos que leva unha camisa branca impecable e unha mirada seria
nos seus ollos. Falamos de como a súa xornada xira en torno á
escola de verán e como espera o novo ano escolar. "Estudo
un pouco máis cando volvo á casa, tamén, e sódespois voume xogar". A súa conmovedora
determinación de seguir facéndoo ben na escola, mesmo cando se pasa
por momentos difíciles, merece o noso respecto e apoio.
Aínda que UNICEF e ACNUR proporcionaron sete aulas
prefabricadas, necesítanse polo menos sete máis para
garantir que ningún dos nenos que actualmente están en idade
escolar no campamento de refuxiados se vexa privado do seudereito fundamental á educación,
e para axudarlles a alcanzar o seu pleno potencial unha vez que
este difícil momento nas súas vidas pase.
As autoridades locais, coa axuda dosorganismos da ONU,
están a facer todo o posible para facilitar o acceso á
educación de calidade aos fillos dos refuxiados sirios no
campamento. Necesítanse máis fondos, non obstante, para
satisfacer as necesidades educativas do crecente número de nenos
refuxiados sirios.