Lactación e desnutrición

A lactación materna pode previr a desnutrición

Por Isabel Benlloch, Responsable de Cooperación de UNICEF España

Á pequena Amira, con tan só 17 meses, diagnosticáronlle desnutrición aguda grave. Grazas ao tratamento, con alimento terapéutico, conseguiu mellorar e seguir adiante. Ademais, o que aprendeu a súa nai cos especialistas de nutrición sobre como alimentar o seu bebé, contribuíu a salvar a vida doutro dos seus fillos, Ayan.

 

Amira non recibiu leite materno durante a súa primeira hora de vida (costro) e o seu período de lactación reduciuse a dous, dos seismeses nos que esta práctica debería ser exclusiva.Unha acción tan sinxela e gratuíta pode reducir considerablemente a desnutrición nun país como Somalia, no que tan só un 9% dos nenos recibe lactación materna exclusiva antes dos seis meses. Durante eses primeiros seis meses, o neno non necesita nada máis, porque o leite materno lle achega todos os nutrientes para o seu desenvolvemento e os anticorpos para combater as enfermidades infantís máis comúns. Non obstante, para que algo tan sinxelo teña éxito e consiga salvar vidas, como a de Ayan en Somalia,as nais teñen que recibir información completapor parte do persoal de saúde e coñecer todos os beneficios da lactación. Moitas veces, as nais pensan que é mellor combinar a lactación con outro leite, té ou mesmo auga, o cal ademais de non ser necesario, pode ser contraproducente.A través da nosa campaña Donaun día, invitámoste a coñecer todas as intervencións de prevención e tratamento que UNICEF realiza para combater a desnutrición infantil. Unha delas é a promoción da lactación materna, únete a nós e axúdanos a combater a desnutrición de millóns de nenos!

Máis información na web deDona 1 día