Líbano: Espazos Amigos da Infancia para protexer os nenos sirios refuxiados
Hiba ten 13 anos e xunto á súa familia fuxiu a Hermel, Líbano, como consecuencia da violencia en Sirya. Agora o seu sono é seguir estudando e algún día volver a Sirya: "Quero volver á casa, encántame Sirya", di. "Quero estudar francés para poder ir á escola. Perdín un ano. Non quero perder outro", afirma.
Hiba presenciou como unha bomba destruíu a súa clase en Sirya, pero segue sendo forte e mira cara ao futuro. "O único que desexo é volver á escola".Tanto Hiba coma os seus irmánstiveron que deixalo todo cando fuxiron en marzo: a súa irmá Salma estaba no seu primeiro ano de universidade e o seu irmán Ahmad no seu último ano escolar. Todos deixaron os seus estudos para escapar da violencia no seu país. Agora, como refuxiados en Líbano, Salma queda na casa, Ahmad traballa como artesán e Hiba e os seus tres irmáns pequenos encontraron unlugar seguro para poder gozar da súa infanciamentres se preparan para volver á escola.
Espazos Amigos da Infancia, espazos para a seguridade e a integración
A asociaciónCulturelle d'Hermel xestiona un Espazo Amigo pola Infancia en Hermel ao que acoden máis de 500 nenos libaneses e sirios que recibe o apoio deUNICEF: "Cando os nenos chegan ao principio son introvertidos e non queren interactuar. Pero ao final, moitos nenos están moi contentos e con ganas de máis actividades", afirma Danash Ramia, traballador social do centro. Os Espazos Amigos da Infancia forman parte docompromiso de UNICEFde prover apoio psicosocial aos nenos sirios refuxiados en Líbano dentro a resposta de emerxencia en áreas de grande importancia como a protección e a educación. A exposición á violencia, a perda ou separación de familiares e amigos e o desprazamento pode ter unimpacto importante no benestar psicolóxico e social dos nenos. Estes espazos proporcionan un lugar seguro para os nenos sirios para que poidan volver á súa rutina, recuperando as ganas de xogar, estudar e estar en contacto con outros nenos.
"A nosa responsabilidade é dar a estes nenos unha oportunidade de recuperar o seu dereito a unha infancia segura sen violencia, discriminación nin abusos," di Isabella Castrogiovanni, Especialista en Protección da Infancia deUNICEF. "Ao principio, os meus fillos sentábanse na casa. Non ían a ningunha parte. Logo escoitamos falar deste centro que proporciona clases aos nenos e un espazo para xogar. Así que empezaron a saír, coñecer novos amigos e comezaron a gozar os seus días", di a nai deHiba.UNICEF apoia unha rede de 16 Espazos Amigos da Infancia onde todos os nenos, tanto refuxiados como locais, teñen a posibilidade de xogar e sentirse seguros.