A loita contra a cólera en Níxer
Os brotes de cólera son frecuentes na rexión africana do Sahel. Non obstante, no que vai de ano, a súa repercusión agravouse debido ao desprazamento de persoas que foxen do conflito no norte de Malí. Ata agora, máis de 52.000 refuxiados chegaron a Níxer. O seu acceso aos servizos sociais é moi limitado e viven nas zonas máis afectadas pola actual crise alimentaria e nutricional.
UNICEF e os seus aliados estiman que preto de394.000 nenos menores de cinco anos necesitantratamento para a desnutrición aguda grave en 2012. Os nenos que xa se encontran débiles pola desnutrición corren un maior risco polacólera. Aínda que reciban tratamento, é moi doado que poidan volver caer enfermos debido á auga non potable. A medida que avanza a tempada de chuvias, rexistráronse ao longo do río Níxer máis de 3.000 casos de cólera e 68 mortes debidas a esta enfermidade altamente contaxiosa. Osnenos que viven nas numerosas illas que hai no río son os máis vulnerables, debido a que resulta difícil acceder a eles para poñerlles atención médica. "É especialmente perigoso durante a tempada de chuvias. O noso barco rompe e temos o problema dos hipopótamos. Hai moitos na zona e fan moi perigoso a nosa viaxe", relata Abdoulaye Hamidou, a única enfermeira que atende a máis de 10.000 persoas na súa zona das illas, incluídos os nenos con desnutrición aguda. Grazas ao apoio de UNICEF, o Goberno deNíxer loita contra a epidemia en primeira liña, proporcionando tratamento e distribuíndo subministracións médicas e artigos de hixiene aos centros de saúde. Uns traballadores sociais capacitados mobilízanse para concienciar as comunidades e os refuxiados dos perigos da cólera.