Madagascar: UNICEF e os seus aliados prepáranse para axudar ás vítimas do ciclón
UNICEF, a oficina nacional de resposta a desastres e outros aliados humanitarios están a preparar a súa operación de axuda de emerxencia aos afectados polo ciclón Giovanna que azoutou Madagascar.
O ciclón de categoría 4 tocou terra á 1 am, a uns 100 quilómetros ao sur da cidade de Tamatave, tamén coñecida comoTaomasina, no distrito deBrickaville.Giovanna estendeuse por toda a illa en dirección sudoeste, onde perdeu forza no altiplano, degradándose a categoría de tormenta tropical. A capital Antananarivo, non obstante,experimentou ventos relativamente fortes e chuvias torrenciais.Os aliados das organizacións non gubernamentais deUNICEF comezaron aaxudar rapidamente a poboación afectada nas áreas de auga e saneamento, protección infantil eeducación. A organización Frere St. Gabriel, por exemplo, está a activar unha planta potabilizadora de auga en Brickaville. Outro aliado, SAF, está a construíraulas temporais de UNICEF nas zonas onde quedaron destruídas. "Dende a Costa Leste recibimos informes de danos e perdas humanas causados polos fortes ventos e as inundacións", dixo Dominic Stolarow, Coordinador de Emerxencias deUNICEF en Madagascar.
as dimensións deste desastre natural
"O que hai que facer agora é unha avaliación axeitada para que poidamos entender as dimensións exactas deste desastre natural. Isto axudaranos a deseñar unha resposta axeitada", afirmou. A oficina nacional de desastres realizará unha avaliación aérea tan pronto como sexa posible. UNICEF trasladou cinco asesores técnicos rexionais para apoiar a avaliación e a resposta. Ademais, dous equipos de UNICEF deavaliación rápida están preparados en Antananarivo para despregarse xunto cos equipos doutras axencias da ONU a curto prazo.UNICEF conta con existencias de produtos básicos no país para axudar a 66.000 persoas durante os primeiros días, así como dispositivospotabilizadores e mosquiteiras. Hai tamén kits escolares para 45.000 nenos, que poderían distribuírse aos afectados inmediatamente.