Malí: os programas comunitarios de saúde salvan as vidas dos nenos
Bintou Traoré ten 18 meses, pero é moito máis pequena para a súa idade. Sofre desnutrición aguda grave e loita cada día por sobrevivir. Como ela, encóntranse miles de nenos en Malí, aos que lles está a afectar a escaseza de alimentos, debido á seca, as malas colleitas e a suba do prezo dos alimentos.
Cando a súa avoa a levou ao hospital, apenas podía levantar a cabeza e non se podía sentar. Non paraba de tusir e tiña diarrea", conta. No Hospital deMopti comezaron a atendela rapidamente de desnutrición aguda grave e a alimentala con leite terapéutico 8 veces ao día.Hoxe en día, está a mellorar moito: xa pode sentarse, levantar a cabeza e te ganas de comer, conta a súa avoa.Bintou vive preto de Mopti, na fronteira co norte, onde o conflito obrigou miles de persoas a fuxir dos seus fogares, o que está a agravar aínda máis a situación de escaseza .
o risco de morte dun neno con desnutrición é 9 veces superior a un neno en estado normal
Segundo UNICEF, 3,5 millóns de persoas enMalí necesitarán asistencia alimentaria este ano, a metade deles nenos. Entre eles,case 220.000 nenos menores de 5 anos están en risco de desnutrición grave.Os nenos son especialmente vulnerables nesta crise, xa que están máis expostos a sufrir desnutrición. Un neno desnutrido é moito máis propenso a contraer enfermidades, o que pode acentuar aínda máis a súa vulnerabilidade. O risco de morte dun neno con desnutrición é 9 veces superior a un neno en estado normal.UNICEF está a traballar para previr esta situación, apoiando o Ministerio de Saúde e formando os traballadores da saúde, que se desprazan de aldea en aldea avaliando os nenos de desnutrición. Ademais, forman os pais para recoñecer os síntomas da desnutrición e ensínalles que actuar rapidamente pode salvar as vidas dos seus fillos.