Mauritania: evitar unha catástrofe para os nenos
En Mauritania, cada ano hai un período de escaseza entre a tempada de chuvias e as novas colleitas. Durante esta época, as nais loitan por alimentar os seus fillos. Non obstante, o pasado ano non choveu e a tempada de escaseza chegou tres meses antes.
Sen chuvia non hai pasto para alimentar ao gando, as cabras producen menos leite para alimentar os nenos e dos poucos cultivos, só crecen a metade. A maior parte dos homes e fillos maiores están a deixar as súas casas para buscar mellores terras ou algo de traballo.UNICEF estima que en todo oSahel máis dun millón de nenos están en risco de desnutrición aguda grave, e poderían morrer se non se actúa rapidamente. A esperanza do goberno e das axencias humanitarias é poder responder con urxencia para evitar a fame, o agravamento da pobreza e o desprazamento da poboación.
O banco de grans
Mauritania, que ten o dobre do tamaño de Francia, é un dos países menos poboados do mundo, con 3,4 millóns de persoas.
A rexiónHodh Gharbi é actualmente o fogar dos pastores nómades. Os cadáveres dos animais mortos bordean o camiño. A perda potencial do
gando,estimada nun millón de camelos, un millón de vacas e máis de 15 millóns de cabras e ovellas, podería ser desvastadora para os fogares e para a economía do país. A rexión é unha gran provedora de carne ás áreas urbanas.Nesta rexión encóntraseAhmed Ould Aida, Coordinador do Programa Conxunto de Seguridade Alimentaria e Nutrición, fundado polo Goberno español e implementar polo goberno de Mauritania xunto a UNICEF e outros aliados.Aida mostra o novo esquema co que traballan catro axencias da ONU, entre as que se encontra UNICEF, para coordinar o investimento en seguridade alimentaria e nutrición que chegou a 36 aldeas nos tres últimos anos: o banco de grans.
A idea non é nova. Cando a xente ten gran extra, lévano ao centro de almacenamento da comunidade e véndeno ao prezo do mercado. Deste xeito, o gran gárdase como unha garantía para a época de escaseza. A comunidade organizou tamén un sistema de microcréditos que ofrece unha rede de seguridade para as familias que se encontran con dificultades.
as comunidades locais non poden sobrevivir sen axuda
O centro de saúde local, apoiado por UNICEF, conta con vacinas, medicamentos básicos e alimentación terapéutica para tratar os nenos que sofren desnutrición, tal e como explicaAhmed Ould Aida. Ademais, segundo o seu testemuño, estase a realizar unha tarefa de sensibilización que explica a importancia da lactación materna exclusiva para combater a desnutrición, co que a lactación se disparou ata o 85% na rexión. Pero isto non é suficiente e as familias estanse a quedar sen alimentos. "Temos unha emerxencia e as comunidades locais non poden sobrevivir sen máis axuda", engadeAida.
Necesidade de resposta inmediata
Lucia Elmi, Representante de UNICEF en Mauritania, resume os tres desafíos inmediatos para dar resposta a esta situación: loxística, seguridade e capacidade humana.
Ás propias peculiaridades do país, dunha gran magnitude e cunha poboación moi dispersa, a resposta humanitaria enfróntase a un gran desafío: o novo conflito en Malí. Dende finais de xaneiro, máis de 10.000 persoas cruzaron a Mauritania. "Non hai dúbida que será difícil chegar a todos os nenos nun país tan grande e cunha poboación tan dispersa. Pero se a nosa responsabilidade e mandato é asegurar que cada neno conta, é fundamental que respondamos agora, especialmente para chegar aos máis pobres e os máis vulnerables," afirmou Elmi.