Miles de persoas en todo o mundo únense a #SahelNOW

As redes sociais de UNICEF nas súas canles globais, e nos seus 36 comités nacionais noutros tantos países industrializados, alzaron a voz esta semana para dar a alarma fronte á crise nutricional do Sahel e conseguir os apoios necesarios para frear a situación.

Un millón de nenos está en risco debido á desnutrición e en total 15 millóns de persoas están afectadas polas consecuencias dunha nova longa seca, o prezo da alimentos e a inseguridade nalgunhas zonas.

A través de#SahelNOW, UNICEFquere dar a voz de alarma ante unha crise da que a organización vén advertindo dende decembro pasado. A pesar da intensificación do traballo dende entón, achégase a peor tempada do ano e as necesidades non deixan de aumentar. É urxente actuar para frear o avance dun desastre humanitario.Miles de persoas en todo o mundo uníronse a#SahelNOW, difundido en 119 países ou rexións, dende o seu lanzamento o martes pasado. Embaixadores deUNICEF como Leo Messi, Pau Gasol,Shakira, Mia Farrow ou Selena Gómezxa se sumaron a esta campaña de difusión a través das súas redes sociais. Tamén o fixeron numerosos Amigos de UNICEF en España comoDavid Villa, José Manuel Calderón, Julián López, Virginia Ruanoe 45 federacións deportivas. Os xornalistas Ana Pastor, Jesús Maraña e Cristina Saavedra difundiron mensaxes sobre o Sahel nas súas contas de twitter.

Hai dúas semanas un equipo Informe Semanal de TVE con Ana Medina, o reporteiro da SER Nicolás Castellanoe a xornalista  Silvia Blanco de El País viaxaron a Chad para coñecer a situación, e xa deron a alarma nas súas reportaxes e artigos, que aínda se poden ver en:

 Calquera persoa podeapoiar #SahelNOW a través desta web, das redes sociais de UNICEFEspaña.  

http://www.facebook.com/unicef.es

https://twitter.com/#!/unicef_es

http://www.youtube.com/unicefESP