Millóns de nenos na encrucillada: crise en Sirya, Filipinas ou Sudán do Sur

Millóns de nenos e adolescentes están a sufrir os efectos das situacións de emerxencia e conflitos que se están a rexistrar simultáneamente en distintas partes do mundo, como Sirya, Sudán do Sur, Filipinas ou Colombia. Estas crises teñen efectos desvastadores na infancia e as mulleres, en particular nas familias máis vulnerables. A misión de UNICEF pasa por garantir os dereitos dos nenos á supervivencia, a protección e a educación, especialmente dos máis pobres.  

SIRyA

En Sirya, a situación de seguridade en Damasco e os seus arredores continúa sendo inestable, e as operacións militares proseguen enAlepo. Segundo a OCHA, hai dous millóns de desprazados polo conflito, dos que un millón se encontran dentro do país. Máis da metade dos cales fuxiron aos países veciños (Xordania, Líbano, Turquía e Iraq) son nenos e adolescentesque sofren a interrupción das clases, un acceso limitado aos servizos básicos e ansiedade causada por ser testemuñas da violencia e o desprazamento. Nos últimos días, UNICEF e os seus aliados realizaron as seguintes accións:  
 
  • Na zona rural de Damasco, proporcionouse axuda humanitaria a 6.000 desprazados internos: 1.000 kits de hixiene, 1.000 kits de comida para nenos, 500 kits de hixiene para bebés, 100 estufas e catro kits recreativos.
  • EnLíbano, garantiuse o acceso a auga potable a 8.495 familias, beneficiando a 29.732 nenos e mulleres a través de 14.866 por camións cisterna.  
  • EnTurquía, no sur e sueste do país, construíronse cinco novos campamentos de refuxiados cunha capacidade total para 50.000 persoas.
  • Na fronteira entre Sirya e Iraq, en Al Qaim, estableceuse un novo campamento, onde hai 3.715 refuxiados sirios dende o 7 de agosto.
 

SUDÁN Do SUR

En Sudán do Sur, máis de 161.000 nenos e as súas familias víronseobrigados a fuxir polos enfrontamentos entre grupos insurxentes e o Exército de Sudán no sur do país. Os refuxiados encóntranse nunha zona escarpada e con acceso limitado aos servizos básicos.  
 
UNICEF,en colaboración con ACNUR, está a apoiar a resposta ás necesidades dos refuxiados, mediante a distribución de subministracións, garante a vacinación e tratamento dos nenos con desnutrición aguda grave, abastece auga potable e servizos de saneamento, promove prácticas axeitadas de hixiene e asegura o acceso á educación e a protección. Neste sentido, a violencia desatada en Kordofán do Sur provocou a separación de numerosas familias. UNICEF identificou ata a data a un total de 2.210 nenos separados ou non acompañados.  
.
 

FILIPINAS

En Filipinas,UNICEF segue moi de preto a situación de ao redor de 769.000 persoas, das que unhas 323.000 son nenos, que resultaron desprazadas de Manila e 16 provincias polas chuvias monzónicascaídas dende principios de agosto. Así mesmo, hai máis de39.000 desprazados, entre eles os 16.5000 nenos, en Mindanao despois de que unha facción disidente da Fronte Moura de Liberación Islámica (MILF, polas súas siglas en inglés) atacase varios postos militares do Goberno.UNICEF está a seguir moi de preto a situación a pesar de que aínda non recibiu unha petición formal de axuda por parte do Goberno filipino e os seus aliados. Á espera, ten preparadas subministracións de emerxencia para unhas 10.000 familias por valor de máis dun millón de dólares.
 
 

COLOMBIA

En Colombia, as chuvias torrenciais e as consecuentes inundacións agravaron aínda máis a situación de vulnerabilidade causada polo conflito armado no departamento de Putumayo, no sueste do país, causando unha crise humanitaria que afecta a unhas16.500 familias: unhas 74.000 persoas, das que 29.600 son nenos. As principais ameazas para a infancia son: unha maior exposición aos riscos asociados coas minas terrestres e osartefactos explosivos sen detonar que removeron as augas, e a aparición de brotes de enfermidadesdebido á mala calidade da auga e de servizos de saneamento inadecuados. Ademais, nesta situación os nenos están máis expostos ao recrutamento, o abuso e aexplotación sexual por parte dos grupos armados.UNICEF fixo unchamamento por valor de 2,45 millóns de dólares (preto de 2 millóns de euros) para desenvolver intervencións clave nas áreas de protección, educación, auga, hixiene e saneamento, e nutrición, especialmente nas zonas afectadas durante os próximos seis meses.  
 
 

IRÁN

UNICEF tamén está pendente de Irán, onde dous terremotos sacudiron o nordés do país o pasado sábado, causando uns300 mortos e 2.000 feridos. Unhas 17.000 persoas necesitan axuda humanitaria. A Organización Nacional de Xestión de Desastres e a Media Lúa Vermella Iraniana enviaron axuda e equipos de busca e salvamento á zona afectada. Polo momento, as autoridades nacionais non declararon a situación de emerxencia e non solicitaron axuda internacional.