A mutilación xenital feminina: a pequena Ruth xamais será sometida a unha práctica tan nociva
Ruth é a pequena á que vemos sentada no regazo da súa nai.
Ten 2 anos e, afortunadamente, é aínda allea aos costumes da súa comunidade.
Descoñece que o ser humano poida ser capaz de prácticas tan reprochables como a mutilación xenital feminina (MGF).
A súa nai, non obstante, Christine Koné, viviu na súa propia persoa o alcance desta barbarie.
Christine, coa dignidade que outorga o sufrimento, asegura que xamais permitirá que a pequena Ruth sexa sometida a un procedemento tan inhumano e daniño como a MGF. Sentada na porta da súa casa, na cidade setentrional de Katiola -Rexión de Vallée du Bandama, Costa de Marfil-, Christine suxeita a súa filla con temperanza.
A pequena Ruth necesita do apoio da súa nai, que a protexerá sempre, aínda nas circunstancias máis adversas. Aos seus 26 anos, Christine sofre de incontinencia, como consecuencia da MGF que lle practicaron hai anos, cando era só unha nena. A maioría destas ablacións lévanse a cabo en nenas menores de cinco anos.
A forza da súa mirada asegúranos que será así. UNICEF e os seus aliados loitan xunto a ela para que esta práctica quede desterrada do planeta.
TOLERANCIA CERO ANTE A MUTILACIÓN xENITAL FEMiNINA
En xullo de 2013, en Costa de Marfil, os programas que promoven o desenvolvemento, baseado nos dereitos humanos, continuaban alentando as comunidades a abandonar a mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivas que violan os dereitos fundamentais das mulleres e as nenas, e poñen en perigo a súa saúde. Máis de 125 millóns de nenas e mulleres vivashoxe en día foron sometidas á mutilación xenital nos 29 países de África e Oriente Medio onde se concentra o uso desta práctica.Costa de Marfil é un destes 29 países; aprevalencia segue sendo elevada,aínda que a práctica quedou ilegalizarada en 1998. Estímase que un 38% das nenas emulleres de entre 15 e 49 anos sufriron este procedemento tan daniño, que pode dar lugar a infeccións, dor crónica, complicacións durante o embarazo e o parto, e o aumento do risco de morte do recén nacido. Arredor do 21% das mulleres teñen polo menos unha filla viva que foi sometida á mutilación xenital feminina. Máis da metade das nenas de Costa de Marfil (exactamente un 55%) son mutiladas antes dos cinco anos. A maior prevalencia rexistrouse no oeste (73%) e as rexións do norte e noroeste (88%). As zonas rurais, as zonas máis afectadas no pasado pola guerra civil, os grupos de maior idade, e os grupos sen instrución e con menor nivel educativo son algunhas das áreas e sectores de poboación con maiores taxas de prevalencia.
ABLACIÓN: MILLóNS DE NenAS SeGUEN EXPoSTAS
Durante a próxima década, 30 millóns de nenas estarán en risco de sufrirMGF. Traballando con aliados, que inclúen as autoridades gobernamentais, as ONG e outros organismos da ONU, UNICEF apoia a educación, a protección e prevención a través de intervencións e programas da comunidade baseados nos dereitos humanos, co obxectivo de crear conciencia e promover o cambio de comportamentopara poñer fin á mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivas. A nivel mundial, as metodoloxías de desenvolvemento baseado nos dereitos humanos con perspectiva de cambio social están a axudar a que as comunidades abandonen unha variedade de prácticas prexudiciais para as nenas e as mulleres, como o matrimonio infantil, a violencia doméstica e osobstáculos á educación das nenas. O informe Mutilación/ablación xenital feminina: Resumen estatístico e exploración da dinámica do cambio é, a día de hoxe, a máis ampla recompilación de datos e análise sobre esta cuestión. Se queres apoiar o traballo de UNICEFen protección, faite socio.