Níxer: os nenos abandonan a escola para apoiar as súas familias
Níxer é un dos países máis afectados pola crise alimentaria do Sahel, unha catástrofe provocada pola seca, as malas colleitas e o aumento do prezo dos alimentos. Calcúlase que preto de 5,5 millóns de persoas, dos cales máis da metade son nenos, se encontran actualmente en situación de inseguridade alimentaria, segundo a Enquisa Nacional de Vulnerabilidades no Fogar.
UNICEF e os seus aliados calculan que preto de394.000 menores de 5 anos están en risco de desnutrición aguda grave, co que poderían morrer se non reciben tratamento urxente. A grave situación está a provocar, ademais, que moitos nenos abandonen a escola. Segundo o Ministerio de Educación Nacional, Alfabetización e Promoción de Linguas Nacionais de Níxer,47.000 nenos xa a abandonaron este ano debido a causas relacionadas coa crise alimentaria.O maior número de abandonos concéntrase nas rexións máis golpeadas pola crise alimentaria. En Tillaberi, unha das rexións máis afectadas do sueste de Níxer, preto de 22.000 estudantes deixaron a escola.Moitos vense obrigados a deixar o colexio porque se encontran demasiado débiles para asistir e outros teñen que acompañar os seus pais ás cidades en busca de traballo. En moitas ocasións, os nenos teñen que comezar a traballar para gañar diñeiro extra e manter as súas familias.
a historia de Oumar
Oumar Soumana, de 12 anos, vivía coa súa familia en Damana, ao sueste de Níxer. A raíz da crise alimentaria, viuse obrigado a abandonar a escola e viaxar á capital, Niamey, en busca de traballo.
Alí encontrouse coas súas dúas irmás maiores, que tamén tiveron que deixar o seu fogar para ir á capital a traballar como empregadas domésticas. Agora viven xuntos nunha tenda de campaña nun campamento improvisado situado aos arredores de Niamey, sen auga corrente nin saneamento.Oumar traballa vendendo 'appolo', pequenas bolsas de plástico cheas de picado, que vende por uns poucos francos CFA cada un. "É un traballo doloroso para min", comenta. Pásome o día enteiro camiñando. Realmente non descanso, porque teño que vender e levar o diñeiro, pola contra o meu soldo verase reducido, polo que prefiro traballar o máximo posible.Oumar e as súas irmás envían o diñeiro que gañan aos seus pais, para que "poidan comer". Os tres quedan cunha pequena cantidade de diñeiro para manterse. "Aquí teño que buscar comida para min mesmo, cos riscos que iso leva consigo. Algunhas persoas non pagan e foxen, outras ameázanme ou insúltanme", sinala Oumar. "Para min, isto non é unha boa vida, gustaríame estar no pobo cos meus pais. "
Garantir que os nenos vaian a escola e poidan alimentarse
Oumar ía á escola no seu pobo e soñaba con ser mestre. "A través da educación, é posible encontrar un bo traballo e ter unha vida mellor", afirma.UNICEF e os seus aliados están a poñer en marcha clases de recuperación para axudar aos nenos que abandonaron a escola a continuar os seus estudos. Nas clases os nenos recibirán os alimentos necesarios para que poidan asistir.
Ademais, UNICEF está a fortalecer a capacidade dos servizos sociais para identificar os nenos vulnerables eproporcionar apoio aos nenos vítimas da violencia.