Níxer: "A situación é grave porque non temos nada e temos fillos que alimentar"
Hadiza, de 2 anos, estaba a perder moito peso. A súa nai Amina, preocupada, levouna ao centro de saúde da súa aldea, onde lle dixeron que a súa filla sufría desnutrición aguda grave. Dende entón, un centro especializado faise cargo dela e está a recuperar peso... vos deixamos a súa historia.
Amina e a súa filla chegaron ao centro de saúde de Tibiri, ao sur de Níxer, despois de camiñar catro horas a corenta graos. Dende entón, o equipo médico estivo a coidar dela e agora volve a miúdo para levar un control do seu peso, do seu estado xeral de saúde e para recibir o seu tratamento completo ata a próxima cita.
Este tratamento inclúe alimento terapéutico listo para usar queHadiza ten que tomar todos os días. A súa nai explica que a saúde da súa filla xa mellorou moito, pero ten outros cinco fillos máis que están en risco. Unha das súas fillas, tamén sofre desnutrición e Amina quere levala ao centro médico tan pronto como sexa posible.
Non podemos comparar este ano co pasado, o ano pasado tiñamos o suficiente para comer. Este ano, cando vas aos pobos podes ver que algo vai mal. A tempada de chuvias foi mala, non tivemos boas colleitas e vendemos os poucos animais que tiñamos. Comémolo todo. Non temos nada e temos fillos que alimentar, polo que a situación é grave,".
as familias necesitan diñeiro para comprar alimentos
No centro de saúde, ademais de tratamento para a súa filla, os expertos asesoraron a Amina sobre nutrición e hixiene, para previr que Hadiza recaia e para protexer os seus outros fillos. É importante que as nais saiban dar aos nenos a alimentación axeitada á súa idade e necesidades; que é importante lavarse as mans antes de comer e despois de usar o baño e que hai que ter coidado coa auga non potable. Isto é básico, pero non resolve todos os problemas de Amina.
"Cando chegamos, déronnos consellos sobre alimentación. Aprendín e entendín moi ben o que me dixeron, pero cando volvín á casa, non tiña diñeiro para comprar, non tiña comida... o que necesito é diñeiro para comprar, non teño diñeiro, co cal non podo facer nada", afirma Amina.
Por esta razón, ademais do coidado directo que reciben os nenos menores de 5 anos,UNICEF e os seus aliados poñen en marcha iniciativas de apoio financeiro para axudar ás familias a comprar comida. UNICEF, xunto co goberno, tamén desenvolveu accións de prevención e desenvolvemento a longo prazo para fortalecer a capacidade das comunidades de dar resposta á crise alimentaria.