O dereito á educación da xuventude xitana en España non está garantido

Un informe elaborado pola FSG en colaboración con UNICEF España revela que o éxito escolar do alumnado xitano é posible pero está moi lonxe de ser unha realidade

O fracaso escolar cébase coa xuventude xitana: o índice de abandono escolar do alumnado xitano quintuplica ao do alumnado xeral.

 

Esta é unha das principais conclusións do informeO alumnado xitano en Secundaria: un estudo comparado, elaborado pola Fundación Secretariado Xitano (FSG) en colaboración con UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

"Aeducación é un dereito fundamental que ten que estar garantido e este estudo pon de manifesto que para a xuventude xitana non o está. A Administración ten que dar solución a esta situación, poñendo en marcha medidas de compensación, de apoio e dereforzo educativo adaptadas ás necesidades do alumnado xitano", dixo o director da FSG, Isidro Rodríguez, durante a presentación do informe.

Aos 18 anos detéctanse diferenzas substanciais nas taxas de escolarización entre xitanos e o resto do alumnado. A esta idade estuda o 71,1% do conxunto demozos, mentres que ese índice baixa ata o20,8% entre a xuventude xitana.

Outro dato do estudo que pon de relevancia a brecha educacional é aporcentaxe de "ni-nis": o 43,3% dosrapaces xitanos de entre 15 e 19 anos nin estuda nin traballa, mentres que se falamos da poboación xeral o índice é do 12,8%.

"O informe reflicte avulnerabilidade da poboación xitana, especialmente dos nenos e as nenas, e pon o foco na necesidade de que, como sociedade, nos fagamos cargo diso (...) O compromiso debe ser de toda a sociedade e as alianzas débense dar a todos os niveis", valorou pola súa banda o director executivo de UNICEF, Javier Martos.
 

O ÉXITO ESCOLAR Do ALUMNADO xITANO é POSIBLE

O estudo, elaborado a partir de 1.600 entrevistas, destaca queaínda queda moito camiño por percorrer para garantir a igualdade, se ben se rexistraronavances durante as últimas tres décadas. Así, a escolarización xeneralizada das nenas e nenos xitanos ata os 14 anos, e unha visión máis positiva da educación e da escolapor parte da comunidade xitana, posibilitaron que se estean a alcanzar mellores niveis de estudo..
 
"Malia os datos botados polo informe, na FSG sabemos que o alumnado xitano quere e pode estudar, e os resultados do noso programa de apoio e reforzo educativo 'Promove' son unha proba diso", asegurou a directora da FSG enExtremadura, Mayte Suárez.

O éxito escolar do alumnado xitano é posible. No curso académico2012/2013, o 73,5% do alumnado xitano de 4º da ESO culminou con éxito a súaeducación obrigatoria e o 96% deles continuaron con estudos postobrigatorios.

Por outra parte, o 95% da poboación xitana considera á educación un vehículo moi importante para obter o éxito e o 60% dos mozos xitanos, entre 18 e 24 anos, reincorpórase aos estudos como unha alternativa para encontrar unha mellor saída ao mercado laboral.