O impacto do cambio climático nos nenos
O informe de UNICEF As vulnerabilidades dos nenos ao cambio climático e os impactos dos desastres en Asia Oriental e Pacífico revela que os nenos son un dos grupos de poboación máis afectados polo cambio climático.
Millóns de nenos enAsia Oriental e Pacífico sofren xa a falta de acceso a auga potable e saneamento axeitado, e sonvulnerables ás crises alimentarias e acontraer enfermidades. O cambio climático non fará senón empeorar a súa situación, di o informe. As principais causas de mortalidade infantil en todo o mundo son moi sensibles ao cambio climático. As altas temperaturas están ligadas a maiores taxas de desnutrición, cólera, enfermidades diarreicas ou outras como odengue e a malaria.O informe de UNICEF presenta unha análise das tendencias do cambio climático e os impactos potenciais sobre os nenos en Asia Oriental e Pacífico, sobre a base dos resultados de cinco estudos encargados por UNICEF en Indonesia, Kiribati, Mongolia, Filipinas e Vanuatu. Así mesmo, incorpora os propios puntos de vista dos nenos sobre o cambio climático e outras investigacións.
os nenos ante o cambio climático
Nunha rexión ondeun de cada catro nenos xa sofre atraso no crecemento por unha nutrición inadecuada, o informe suxire que os desastres máis frecuentes, como inundacións, ciclóns e secas, poderían ter un impacto negativo a longo prazo na produción agrícola, o que conduce á súa vez a un aumento dos prezos dos alimentos e das taxas de desnutrición. Os nenos de Indonesia, Mongolia e Pacíficoindicaron que o cambio climático afectou aos medios de subsistencia das súas familias e que, nalgúns casos, fixo que os seus pais os saquen da escola para axudarlles a recoller auga e combustible e aumentar os ingresos familiares. "Involucrar os nenos nas estratexias de adaptación e redución de desastres será fundamental para o éxito. Os nenos teñen unha perspectiva única sobre o seu ámbito, o que os converte nun actor vital na mellora da capacidade comunitaria para afrontar os riscos do cambio climático," afirmou Anupama Rao Singh, Directora Rexional de UNICEF para Asia Oriental e Pacífico.
"Os impactos do cambio climático sobre as vidas e o benestar dos nenos son reais, e as políticas e decisións que se tomen hoxe marcarán a pauta nos próximos anos", agregouRao Singh.