'O Proxecto de Pau' co Corno de África
Grazas ao Embaixador de UNICEF e campión do Eurobasket 2011, Pau Gasol, e a todas as persoas que nas últimas semanas decidiron unirse a 'O Proxecto de Pau' contra a fame, conseguiuse un total de 20.055,6 euros para a emerxencia nutricional do Corno de África.
O xogador de baloncesto decidiu orientar a súa iniciativa conUNICEF O Proxecto de Pau a conseguir apoios na loita contra a fame e, para iso, comprometeuse a realizar unha doazón polos seus puntos no último partido de preparación do Eurobasket Lituania 2011. Tras ese partido, Pau Gasol mantivo a súa iniciativa aberta á participación de todos aqueles que quixesen colaborar enviando unSMS ou a través doutras formas de colaboración.Pau Gasol, Embaixador de UNICEF España dende 2003, puxo en marcha esta acción convencido, como sinalou, de que non podemos quedar de brazos cruzados ante esta situación. Miles de nenos morreron e a vida de centos de miles está en perigo".
A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre todo os nenos, poñendo en risco inminente as vidas de centos de miles deles. UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas nos catro países afectados, nos campos de desprazados, nas comunidades e nas rexións limítrofes. A crise ten a súa orixe na coincidencia da peor seca da rexión nos últimos 50 anos, o incremento dos prezos dos alimentos, os efectos do longo conflito armado en Somalia e un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya eEtiopía.
UNICEF desenvolve accións masivas ennutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue tratar a desnutrición. Á parte da distribución de subministracións vitais, UNICEF brinda apoio a centros de estabilización nutricional, realiza campañas de vacinación, facilita o acceso á auga potable e establece espazos de protección para os nenos.
‘o Proxecto de Pau’
A iniciativa O Proxecto de Pau púxose en marcha con dous obxectivos: conseguir que cada vez máis nenos poidan ir á escola e loitar contra a desnutrición en África. Grazas ás doazóns de Pau Gasol e doutros doadores, esta iniciativa xa conseguiu:
- Construír e poñer en marcha sete escolas para uns mil nenos que viven en situación de pobreza ou en comunidades illadas e remotas.
- Distribuír cadeiras especiais para 20 nenos con minusvalideces .
- Fortalecer programas para a prevención e o tratamento da desnutrición.
En xullo de 2010,Gasol coñeceu directamente no sur de Etiopía a situación dos nenos con problemas de nutrición e o traballo que UNICEF desenvolve, xunto con organismos públicos, comunidades e ONG, para previr a desnutrición e prestar o axeitado tratamento aos nenos que a sofren.