O Valencia OPEN 500 polos dereitos da infancia
Os dereitos da infancia serán os protagonistas do próximo Valencia OPEN 500 que se celebrará do 20 ao 28 de outubro.
No décimo aniversario dun dos eventos deportivos máis relevantes de Valencia, o torneo de tenis comprométese a apoiar o labor que realiza UNICEF para conseguir cambios reais na vida de millóns de nenos no mundo.
Valencia OPEN 500 destinará 0,50 euros de cada entrada ao traballo de UNICEFa favor da supervivencia infantil, prioritaria para mellorar as condicións de saúde dos nenos e nenas máis vulnerables. Durante o evento, os voluntarios de UNICEF Comité Comunidade Valenciana dispoñerán dun espazo no fun park da Cidade das Artes e as Ciencias, onde o visitante poderá solicitar información da organización e comprar regalos e produtos de UNICEF.
a loita pola supervivencia infantil
Para UNICEF, a supervivencia é o primeiro dereito dos nenos. O traballo da organización para reducir a mortalidade infantil no mundo céntrase en programas de saúde, nutrición e auga e saneamento. As accións principais que leva a cabo UNICEF teñen que ver coa prevención e tratamento da desnutrición infantil, a rehidratación oral en caso de diarrea, a promoción da lactación materna, a inmunización contra as enfermidades prevenibles ou a distribución de mosquiteiras para evitar a malaria. En 2011, UNICEF contribuíu a que 10 millóns de nenos fosen vacinados contra o sarampelo, 7 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable e se repartisen 14.500.000 mosquiteiras para evitar a malaria.