Os nenos deben ser prioridade para o crecemento de Sudán do Sur
A case un ano do aniversario da independencia de Sudán do Sur, UNICEF fai un chamamento para que os dereitos e o benestar dos nenos se convertan nunha prioridade urxente. Coa metade da poboación menor de 18 anos, un maior investimento na infancia é vital para lograr o crecemento e a estabilidade do país.
Sudán do Sur enfróntase a múltiples crises, dende a grave inseguridade alimentase, as medidas de austeridade lanzadas polo Goberno e a afluencia continua de refuxiados, ata a ameaza constante de que se produza un conflito. Ante esta situación, hai máis necesidade que nunca de protexer os dereitos dos nenos."A fundación dun Sudán do Sur próspero e pacíficosó pode ser o suficientemente forte se investimos nos cidadáns máis mozos do país. Teñen que ser prioridade de todos, para que a próxima xeración poida ter o seu papel na construción deste país", afirma Yasmin Ali Haque, Representante de UNICEF en Sudán do Sur. O país herdou algúns dos peores indicadores sociais: unhaelevada taxa de mortalidade maternal e infantil, altas taxas de analfabetismo e desnutrición e unha infraestrutura moi limitada, o que o converte nun dos países máis perigosos para nacer.
os nenos deben ser prioridade
O 70% dos nenos entre os 6 e os 17 anos de idade nunca asistiu á escola e tan só o 10% remata a escola primaria, unha das taxas de escolarización máis baixas do mundo.As nenas están en situación de desigualdade en acceso a educación e son máis vulnerables a prácticas sociais prexudiciais como o matrimonio e o embarazo infantís. Só o13% dos nenos ten acceso a servizos de hixiene e saneamento axeitados. O pasado ano o Goberno, xunto a UNICEFe outros aliados, traballou para construír unha estrutura dentro do sector social, priorizar a capacitación e iniciar o proceso de reverter as tendencias negativas de desenvolvemento dos nenos.
UNICEF traballa en educación, auga e saneamento, saúde e protección
O traballo que se vén realizando xa conseguiu importantes logros para a infancia, fundamentais para o futuro da nación, en áreas nas que UNICEF se implicou moi directamente: desenvolvéronse marcos estratéxicos en educación, auga e saneamento e xustiza para os nenos. Coa firma dun acordo histórico, o Exército de Liberación do Pobo de Sudán comprometeuse a non recrutar nenos.
UNICEF está a proporcionar novas fontes de auga, rehabilitando as antigas e establecendo un sistema de datos centralizado para compartir información. En cinco anos, houbo un aumento do 40% no acceso a fontes melloradas de auga potable.
Ademais, o ano pasadointensificáronse os esforzos para asegurar que os nenos das escolas máis desfavorecidas gozan dun ambiente de aprendizaxe axeitada e para asegurar que os nenos permanezanprotexidos de enfermidades prevenibles.
Os temas pendentes entre Sudán e Sudán do Sur seguen afectando aos nenos. Dende finais de 2010, máis de 400.000 persoas procedentes de Sudán do Sur retornaron ao seu país. UNICEF está a participar activamente nas actividades de reintegración e apoia un Memorando de Entendemento entre os dous países sobre protección de nenos separados das súas familias e non acompañados procedentes de Sudán do Sur identificados en Sudán. "Os nenos seguen sendo os máis afectados en moitas frontes e tivemos que manter unha resposta continua á situación humanitaria causada polo conflito e o desprazamento", afirma Haque. "Os nenos deste país merecen un futuro mellor e é necesario que estea dispoñible un investimento a longo prazo que se traduza en beneficios reais para eles ”.