Os nenos lévanse a peor parte do conflito en Sirya
UNICEF mostra a súa inquietude polo feito de que os nenos se seguen levando a peor parte do conflito que afecta a varias rexións de Sirya.
UNICEF está a traballar cos seus colaboradores para prestar asistencia urxente a centos de miles de nenos e familias que fuxiron dos seus fogares para escapar dos ataques, xa que se levan a peor parte do conflito. As familias que se refuxian en escolas, mesquitas e outros edificios públicos, en Damasco e noutras rexións, están a recibir kits de hixiene, colchóns, mantas, así como alimentos e outros artigos para os seus fillos. Durante o mes de xullo, a pesar de deterioración das condicións de seguridade e o acceso limitado a moitas áreas, UNICEF e os seus colaboradores foron capaces de intensificar os traballos para chegar a ao redor de94.000 persoas, a gran maioría deles (preto do 90 por cento) nenos e adolescentes. O Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake, dixo que a prioridade máis urxente é protexer os nenos e as súas familias.
"Aproveitando que os ollos do mundo se fixan na escalada de violencia que afecta a Sirya, non debemos pasar por alto o feito de que os nenos, a pesar de non ser responsables desta traxedia, están a pagar un prezo terrible", asegurou o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. "Os nenos están a morrer, perdendo as súas casas e aos seus pais, e non poden asistir á escola. UNICEFapoia as persoas implicadas que dende moitas zonas están a chamar a todas as partes implicadas a facer todo o que estea ao seu alcance para protexer os inocentes", afirma Lake. A deterioración da situación provoca que siga aumentando o número de persoas que foxen de Sirya a países veciños. Ata a data,máis de 130.000 refuxiados sirios -arredor da metade deles nenos e adolescentes- rexistráronse en Xordania, Líbano, Turquía e Iraq. UNICEF únese a outras organizacións humanitarias para proporcionar unha ampla gama de servizos esenciais, como auga, saneamento, educación e apoio psicosocial.