Os nenos sirios en Turquía miran ao futuro

"Podo expresar as miñas opinións sen presión, vivindo en liberdade e con seguridade,". Así é como un neno sirio, desprazado pola guerra, que vive nun campo de refuxiados en Turquía, define como se sente durante unha clase de arte organizada co apoio de UNICEF Turquía.

Estas clases son unha das varias actividades iniciadas por UNICEF Turquía nos campos deOsmaniye e Sarçam, como parte do programa para os nenos sirios baixo protección temporal en Turquía. Estes acolledores espazos proporcionan aos nenos un lugar seguro no que realizar actividades recreativas e de descanso, dándolles a oportunidade de expresarse a través de actividades que eles mesmos elixiron.


As primeiras catro clases de arte no campo de refuxiados serviron tamén para mobilizar mozos voluntarios, que á súa vez motivarán outros mozos do campo para que participen nelas.


As clases empezaron co obxectivo de axudar aos nenos a expresarse por si mesmos e facer que as súas voces sexan escoitadas. Propúxoselles que escribisen unha carta dirixida a "O mundo", na que construísen pontes cara a novas esperanzas. Os nenos fixeron o resto, e entenderon axiña por que se elixiran as pontes. Ahmed*, de 14 anos, dicía "unha ponte axúdanos a conseguir os nosos obxectivos, e pode conectarnos con outros mundos".

 
a esperanza de Fatma
Fatma, de 17 anos, é unha das mozas que asiste ás clases. Ela e a súa familia fuxiron deHama, en Sirya, ata chegar a Turquía, hai sete meses. Primeiro chegaron ao campo de Nizip, e despois foron ao de Sarçam.

Fatma está preocupada polos seus familiares e amigos cos que perdeu o contacto, e se pregunta se seguirán vivos. Di que leva ás súas costas todas as cargas da súa familia, e quenon hai no mundo suficiente papel ou pintura cos que explicar a súa historia, os seus sentimentos, o que viu.

Non obstante,Fatma está chea de esperanza. Quere ser enxeñeira, mellorar o seu turco e continuar coas clases no campo, aproveitando esta oportunidade para poñerse ao día na súa educación, que tivo que interromper cando deixou a súa escola en Sirya. "Necesitamos máis apoio dos nosos profesores, porque o tempo pasa rápido, e nós xa perdemos case tres anos de educación", di.

Grazas a estas clases de arte, os nenos expresan moitos dos seus desexos. Cada neno ten diferentes expectativas na vida, pero hai unha mensaxe que os une a todos: "a paz é o indicador dos dereitos" din, mentres esperan que os seus sonos se fagan realidade.

*Algunos nomes cambiáronse