Pau Gasol: rebotes por UNICEF
Post de Chris Weiller, UNICEF USA
Imaxínate recibir 100 dólares por cada rebote (en baloncesto). Ben, pois iso é exactamente o que lle sucedeu a Pau Gasol por UNICEF. O pasado 17 de abril, no último partido da tempada dos Lakers, os astros aliñáronse e todo se uniu en nome dos nenos máis vulnerables do mundo. Pero primeiro, volvamos á promesa de hai uns meses.
En decembro, o aleiro dos Lakers e Embaixador de UNICEF, Pau Gasol, reuniuse en Nova York cun grupo de colaboradores de UNICEF en Estados Unidos para falar da súa relación coa organización e sobre a súa viaxe a Chad en 2012, que serviu para poñer de relevo a crise alimentaria noSahel.
Mentres falaba conPau na recepción, David Kleinhandlerel, membro da Xunta Asesora
sobre Filantropía de Nova York do Fondo dos Estados Unidos paraUNICEF -e habitual da NBA-lanzou un desafío a Pau. Davidcomprometeuse a doar 100 dólares a UNICEF por cada rebote que conseguise Pau dende ese día ata o final da tempada.
Os ollos de Pau ilumináronse ao pensar
nos moitos nenos que podería axudar dende a cancha e continuar o
seu labor na promoción de dereitos e captación de
fondos.
Agora, vaiamos ata o
último partido dos Lakers da tempada.David estaba no partido como convidado
da NBA e dos Lakers, e todo estaba preparado para que puidese
reunirse con Pau despois do partido e
facerlle entrega dun cheque polo importe da doazón final. Non só osLakers alzáronse coa vitoria e
aseguráronse un lugar nos Playoffs daNBA, senón que Pau tivo o seu mellor partido do ano e logrou o
récord de tempada con 20 rebotes, incrementando o total da doazón
ata os 270 rebotes.
Despois do partido,Pau estaba moi emocionado.David celebrou o traballo dePau con UNICEF entregándolle un cheque por 27.000 dólares.
"É un tipo moi humilde", dixo Daviddespois de compartir unha charla con Pau sobre baloncesto e facer plans para reunirse
no campionato do mundo de baloncesto 2014, en España. A noite de
gañadores foi completa. Pero a maior vitoria foi para os nenos que
sairán gañando da asociación creada por dous grandes partidarios deUNICEF. Grazas a Pau Gasol e David
Kleinhandler, o traballo de salvar vidas de UNICEF será un pouco máis doado.