A pobreza infantil, na axenda mediática

En España, o incremento da pobreza está a ser unha das consecuencias máis visibles da crise, e a repercusión sobre os nenos é especialmente preocupante, como puxo de relevo o informe A infancia en España O impacto da crise nos nenos. 

A taxa de pobreza infantil é o indicador máis relevante que unha sociedade ten sobre si mesma. Non só mide como os países e os gobernos sosteñen políticas sociais para garantir obenestar dos cidadáns máis vulnerables (os nenos), tamén é un indicador do benestar futuro de toda a sociedade no seu conxunto. Case 300 medios españois, entre prensa, raio, televisión e canles dixitais, fixéronse eco dos datos clave deste informe: por primeira vez en España os nenos son o grupo de idade máis empobrecido, e en só dous anos hai case205.000 nenos máis que viven en fogares por debaixo do albor da pobreza.Datos que falan por si sós e que tiveron un espazo nos informativos de televisión e principais medios do país. Os nenos, tamén por primeira vez en moito tempo, ocuparon unlugar relevante na axenda mediática, e porende política e social.

 

os nenos no centro da información do día

Medios nacionais, e tamén internacionais, de diferentes tendencias situaron os nenos no centro da información do día e iso é unéxito para a infancia, porque facer visible un problema e compartilo é o primeiro paso para avanzar na protección dos dereitos dos nenos. Dende UNICEF España agradecemos o apoio dos medios de comunicación e recordamos que é importante manter aos nenos na axenda e contar con eles á hora de pensar nunha saída á crise. Poderás encontrar máis información do informe seguindo ohashtag#losniñoscuentan.Enlaces ás principais noticias difundidas nos medios.  
 
ABC     El Mundo     El País   La Razón     La Vanguardia    
ABC Radio     Cadena Cope    Cadena Ser  Onda Cero                     RNE