Protexer os nenos en República Centroafricana
Máis de 60 traballadores de UNICEF seguen dentro do país para distribuír subministracións aos nenos.
As vidas de 600.000 nenos de República Centroafricana estanse a ver seriamente afectadas polo conflito que está a ter lugar en todo o país. UNICEF pediu a todas as partes que abandonen as armas e garantan o benestar dos nenos.
Aínda que a ONU, incluíndoUNICEF, recolocou temporalmente o seu persoal non esencial en Camerún debido á ocupación dos grupos rebeldes.
Os desafíos son enormes.
O bloqueo das estradas, a presenza de grupos armados, e o potencial
risco de roubo e agresións están a impedir a distribución a grande
escala de materiais.
Mesmo antes de
que comezase o conflito, estimábase que uns 13.500
nenos sufrirían desnutrición, poñendo en perigo as súas
vidas. A maioría dos médicos fóronse e moitos centros de nutrición
están pechados ou foron saqueados.
Nos últimos tres meses,
os servizos básicos de saúde, nutrición e educación foron
interrompidos na maior parte das comunidades controladas polos
rebeldes. Durante as visitas realizadas por UNICEF a Kaga-Bandoro, Bossangoa e Bambari a
principios deste mes, detectouse que faltan medicamentos
vitais nestes tres pobos.
Debido ao peche ou
ocupación de escolas, e á fuxida de profesores, polo menos
166.000 nenos non teñen acceso a educación.
os nenos en risco de ser recrutados
Dende xaneiro,UNICEF subministrou máis de 70 toneladas métricas de materiais como medicamentos, comprimidos potabilizadores de auga, alimentos terapéuticos, utensilios de cociña, lonas, mosquiteiras e outros artigos de primeira necesidade.
UNICEF solicitou 11,1 millóns de dólares (8,66 millóns de euros) para dar apoio vital ás familias afectadas polo conflito. Antes do inicio da crise, as axencias humanitarias fixeron un chamamento de 129 millóns de dólares (100,68 millóns de euros) para axuda de emerxencia en 2013, pero só se recibiu o 1 por cento destes fondos urxentes.