Protexer os nenos sirios refuxiados en Xordania
No antigo campo de aviación preto da cidade de Mafraq, ao norte de Xordania, a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados e UNICEF están a ver con urxencia como converter a terra inhóspita que os rodea nun lugar adecuado para albergar máis de 150.000 desprazados sirios.
No deserto levantarase un centro de emerxencias contendas de campaña, fontes de auga potable, baños, puntos de distribución de alimentos, centros de saúde, espazos amigos da infancia e escolas de emerxencia. Coñecerase co nome deZa'atari, e espérase que ocupe en torno a 9 quilómetros, dos cales 3,5 estarán ocupados polas familias desprazadas. "UNICEF e os seus aliados están inmersos nunha carreira contra o reloxo para conseguir un espazo no que instalar as tendas", dixo o Representante de UNICEF en Xordania, Dominique Hyde, á vez que recordou que o número de sirios desprazados que cruzan a fronteira aumentou dramaticamente na última semana.Máis de 30.000 refuxiados sirios fuxiron cara a Xordania, e cada día van chegando máis. Só a semana pasada, máis de 3.300 refuxiados sirios fuxiron a Xordania. Como consecuencia, as instalacións de tránsito existentes nas inmediacións deRamtha están saturadas. As instalacións de tránsito de Bashabshe, por exemplo, onde se rexistran os refuxiados sirios nada máis chegar a Xordania, teñen capacidade para 500 persoas, pero normalmente albergan máis de 2.000. En ocasións chegan ata 2.500 persoas á vez.
a historia de Lama e a súa familia, refuxiados en Bashable
Entre os recén chegados a este centro encóntrase unha familia de 6 membros. Lama relata como o seu marido e os seus catro fillos, de entre 3 e 10 anos, chegaron hai tres días despois de pasar meses desprazados dentro de Sirya. "Escoitábanse disparos continuamente. Asasinaron a miña cuñada e a miña sobriña, e o meu cuñado e dous dos seus fillos resultaron feridos. Decidimos fuxir para escapar da violencia", afirma. Mentres escapaban, houbo un tiroteo e feriron o seu marido nunha perna.Lama explica como todo isto está a afectar ao comportamento dos seus fillos. "Viron persoas que foran asasinadas, e isto afectoulles. Non falan moito. E ás veces teñen comportamentos violentos".Os seus dous fillos maiores non puideron asistir á escola o ano pasado, xa que mesmo cando estaba aberta, era demasiado perigoso saír á rúa, conta Lama.
Aumentar a resposta humanitaria
UNICEF proporciona servizos de auga e saneamento básicos en Bashabshe e outras dúas instalacións de tránsito en Ramtha, para chegar a 9.000 desprazados sirios. Estes servizos compleméntanse con formación sobre auga e saneamento. Ademais, UNICEF ofrece actividades psicosociais aos nenos e as súas familias, nas que participaron máis de 6.500 persoas. Paralelamente, distribuiranse nas próximas semanas preto de 3.000 kits de hixiene. Lama e a súa familia deixarán Bashabshe pronto para unirse aos seus familiares noutra parte de Xordania. Pero o número de refuxiados non deixa de aumentar. Case 100.000 sirios están rexistrados como refuxiados en Xordania e noutros tres países da rexión-Líbano, Turquía e Iraq. Case a metade son nenos e mozos.