Que é o ébola e como traballa UNICEF para frear o brote?
O brote de ébola en África occidental é o maior e máis mortal que o mundo vise xamais.
Máis de 1.000 persoas morreron e unhas 2.000 persoas foron infectadas en Nixeria, Guinea, Liberia e Serra Leoa.
Ti podes axudar os nenos afectados polo brote de ébola. Por favor, doa agora
1. Que é o ébola?
O ébola é un virus agudo e, a miúdo, mortal. A taxa de mortalidade é de entre o 50% e o 90%.
2. Como podes contaxiarte de ébola?
O contaxio do ébola dáse polo contacto directo cos fluídos corporais dunha persoa infectada, xa sexa dende unha superficie contaminada ou por contacto de persoa a persoa.
3. Cales son os síntomas?
Os síntomas inclúen febre, dor muscular, dor de cabeza e dor de garganta, que vai seguida de vómitos, diarrea e hemorraxia grave nalgúns casos.
4. Pódese previr o ébola?
Non existe un medicamento específico nin cura para o , pero a enfermidade pode ser tratada no hospital por traballadores sanitarios a través de procedementos de control de infeccións. Moitos pacientes sobreviven, como o pequeno Vandy.
5. Que está a pasar co actual brote de?
O actual brote de é o peor e máis daniño do que se ten constancia. Máis de 1.000 persoas morreron dende que comezou o brote en Guinea en marzo. O virus estendeuse a través das fronteiras e das comunidades a unha velocidade alarmante. Serra Leoa ten o maior número de casos.
Os rumores e a desinformación sobre o ébola tamén alimentan a propagación do brote e complican a resposta humanitaria. Algunhas persoas seguen afirmando que o ébola non existe. Outras cren que non necesita tratamento e, polo tanto, prefiren quedar nos seus fogares en lugar de acudir aos centros médicos. En caso de que a resistencia das comunidades continúe, este brote de ébola podería conducir a episodios de máis pánico, a violencia e disturbios.
6. Que impacto ten o ébola nos nenos?
O ébola non é unha enfermidade típica dos nenos. Non obstante, o efecto desvastador da epidemia en África Occidental afectou aos nenos de moitas maneiras. En varias partes de Serra Leoa, Guinea e Liberia, estendeuse o temor e a división dentro das comunidades, o que destruíu os sistemas e medios de subsistencia. A enfermidade tivo un forte impacto socio-económico en sociedades enteiras. Fronteiras e escolas foron pechadas. Os servizos de saúde e outros servizos esenciais interrompéronse.
7. Por que é este brote tan difícil de conter?
Trátase dun brote de ébola complexo que se estendeu en cinco países. Como a propagación do virus aumenta, vólvese aínda máis difícil de conter. Esta é tamén a primeira vez que o ébola se estende tan rapidamente ás zonas urbanas e densamente poboadas (en contraposición ás zonas rurais), o que fai que sexa moito máis difícil identificar quen o ten e quen se contaxiou. Tamén é máis difícil impedir que a xente saia da zona.
Algunhas prácticas rurais tradicionais tamén están a facilitar a propagación do virus. Por exemplo, é habitual lavar a man o corpo dun familiar morto antes do seu enterro.
8. Como está a axudar UNICEF a frear o ébola?
UNICEF está a facer todo o posible para deter a propagación do ébola. Ata a data chegamos a máis de 5,5 millóns de persoas en comunidades con mensaxes sobre os perigos da enfermidade e sobre onde buscar axuda. UNICEF tamén subministrou os equipos de protección e subministracións médicas aos hospitais e traballadores sanitarios, así como a atención e servizos de apoio para os nenos e as familias afectadas polo ébola.
9. Como podemos axudar?
Estamos nunha carreira contra reloxo para conter o brote de ébola, pero os nosos recursos son insuficientes. Para romper a cadea de propagación do ébolastrong> necesitamos aumentar o esforzo nos seis países de África Occidental máis afectados polo ébola.
Ti podes axudarnos a levar subministracións vitais e dar o apoio necesario para deter o ébola. Fai unha doazón online ou envía EBOLA ao 38080 para doar 4 euros cos que podemos distribuír kits de tratamento. Se envías EBOLA ao 38028 doarás 2 euros.