A Raiña Dona Sofía visita a exposición 'Infancia'

Infancia. Fotografías de Isabel Muñoz contou onte coa visita de SM a Raiña Dona Sofía e o Premio Nobel da Paz Muhammad Yunus, que quixeron coñecer este retrato da infancia realizado pola fotógrafa Isabel Muñoz por mor dun proxecto co País Semanal e UNICEF España que se converteu na exposición que abriu as súas portas no marco da V Cume Mundial de Microcréditos no Museo Patio Herreriano de Valladolid, onde se poderá visitar até finais de xaneiro de 2012.
 

Isabel Muñoz e o comisario da mostra, Manuel Blanco, acompañaron a SM a Raíña, que mostrou gran interese pola situación e a contorna no que viven os nenos que a integran. Dona Sofía estivo acompañada tamén, entre outras personalidades, pola Secretaria de Estado de Cooperación Internacional e Desenvolvemento, Soraya Rodríguez; a Conselleira de Cultura de Castela e León, Alicia García; o Alcalde de Valladolid, Francisco Javier León de la Riva; a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo; o Vicepresidente de UNICEF Comité Castela e León, José María Lara; e a atleta Mayte Martínez, Amiga de UNICEF.

A exposición Infancia. Fotografías de Isabel Muñoz reflicte a través de imaxes, vídeos e textos, as realidades e os dereitos de nenos de 20 países de Europa, África, América e Asia. Patrocinada e organizada por UNICEF, a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional do MAEC, a Campaña do Cume do Microcrédito e o Museo Patio Herreriano de Valladolid, a mostra ofrece unha visión sobre os avances e osretos que presenta a infancia noséculo XXI, a través da vida de cada un dos nenos retratados.

Os retratos foron realizados en 2009, a partir dunha idea orixinal do País Semanal con motivo do20 Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno.

Isabel Muñoz, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2009, viaxou a 20 países para captar a través da sua cámara as realidades vitaies das suas novas xeneracións, xunto aos xornalistas do  País Semanal, Lola Huete, Rafael Ruiz, Pablo Guimón, Quino Petit e Sergio C. Fanjul.

Máis de setenta profesionais de UNICEF e dezanove ONG coas que traballa habitualmente participaron no proxecto, que non sería posible sen a implicación dos nenos e as súas familias en cada un dos países.

Manuel Blanco, Comisario de Infancia, crea para esta exposición unha instalación na que osnenos, de pé no espazo, cobran vida e mestúranse co público, establecendo vínculos cos visitantes, implicándoos coas súas historias e explicando os dereitos que deben protexelos. Infancia recibiu xa a máis de medio millón de visitantes nos seus anteriores itinerancias nos caixaForum de Barcelona e Madrid e o IVAM de Valencia.